lunes. 25.11.2024

A importancia do corazón

Hoxe o ser humano corre o risco de perder o seu centro, atopándose a miúdo trastornado, dividido, case privado dun principio interior que xere unidade e harmonía no seu ser e obrar.

A Radio

Non cabe dúbida de que a radio foi un dos grandes fitos do século XX, e miren que houbo moitos. Durante décadas ocupou nas casas o lugar que logo tería a televisión: a familia toda reuníase arredor dela para escoitala. A aparición posterior do transistor (naceu a finais dos anos 40, pero eu coido que en España non se xeralizou ata ben entrada a década dos 60) supuxo un chanzo máis na historia deste medio, pois veu a democratizar a súa escoita e a facela posible en calquera lugar, moi especialmente nos postos de traballo.