No pasado domingo día 13 arrancaba o O Camiño Creativo de Santiago 2025 co primeiro grupo de artistas que percorrerán O Camiño de Inverno, desde Monforte de Lemos a Santiago de Compostela, un total de 133,40 quilómetros, durante 10 días, co obxectivo de realizar os seus cadernos de viaxe que retraten este singular itinerario. Os debuxos, froito da fusión de creatividade e a paisaxe deste Camiño, recolleranse nunha publicación que quere contribuír á Candidatura a Patrimonio Mundial da Ribeira Sacra e espérase unha contribución de ata 15 artistas de toda España.
Trala presentación oficial de O Camiño Creativo de Santiago 2025 o pasado 4 de febreiro na Cidade da Cultura con Anxo Lorenzo, Director Xeral de Cultura da Xunta de Galicia; Ana Isabel Vázquez, Directora Xerente da Cidade da Cultura; Pilar Porto, Deputada de Turismo de Lugo; Luís Fernández Guitián, Presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e Alcalde de Sober; Gloria Prada, Tenente Alcalde de Monforte de Lemos; Cintia Bustos, Presidenta da Rede de Cidades e Territorios Creativos de España e Tenente Alcalde de Córdoba; igualmente Belén Elisa Díaz, Presidenta de España Creativa, entidade organizadora, arranca a súa terceira edición este mes de abril na Semana Santa con esta viaxe artística, unha edición que conta co patrocinio da Rede Eléctrica. O percorrido comezou en Monforte de Lemos o domingo 13 de abril pola mañá, onde os artistas foron recibidos pola Tenente de Alcalde Gloria Prada e despois percorreron a cidade retratando os lugares máis significativos e pola tarde tiveron a oportunidade de ter unha masterclass co pintor Modesto Trigo en Gundivós na súa Casa Museo Genia Trigo.