Joan Ribot Margarit naceu en Sabadell en 1958. Vive en Galicia dende 1981. É Licenciado en Dereito pola Universidade Central de Barcelona e Master en Emigración e inmigración, aspectos xurídico-económicos e procesos de integración socio-laboral pola Universidade de Vigo. Forma parte do Corpo Técnico da Seguridade Social e do Corpo Superior da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia; e colaborou en “El Correo Gallego” durante máis de vinte anos, escribindo numerosos artigos.
Segundo un informe da OCDE, seis de cada 10 traballadores están á marxe da legalidade no mundo; estándoo ata nove de cada dez nos países con ingresos máis baixos.
A primeira vez que vin ao home do puro pola beirarrúa de enfronte non me decatei de que levaba un puro na boca, crendo que este era o seu nariz. De ternos cruzado pola mesma beirarrúa, como sucedeu uns días máis tarde, a cousa tiña sido distinta, pois aí -na curta distancia- nariz e puro xa se podían distinguir perfectamente.
Xa queda pouco para que cheguen os Reis Magos. Todos os cinco de xaneiro, millóns de nenos, nenas e adultos entramos nun estado de vibración único e indescritible. Que van traernos esta vez? Van traernos todo o que desexamos ou as nosas ilusións quedarán en nada?
A estrela de Belén, dentro de pouco, volverá a iluminar o mundo unha vez máis, facéndonos chegar o que transmitiu á primeira vez: que Aquel a quen anunciaba portaba amor, paz e outra forma posible de vivir.
Na última xornada que Cáritas Diocesana de Santiago organizou sobre o emprego, despois de darse algunhas claves sobre a situación actual, traballáronse varios casos prácticos.
Hoxe podemos verificar que nos últimos cincuenta anos a temperatura aumentou cunha velocidade inédita, sen precedentes nos últimos dous mil anos. Neste período a tendencia foi dun quecemento de 0,15 graos centígrados por década, o dobre do ocorrido nos últimos 150 anos. Desde 1850 a temperatura global aumentou 1,1 graos centígrados, fenómeno que se amplifica nas áreas polares.
O sábado pasado, despois de pasear tres horas en modo descanso por Santiago, volvín a recibir todo tipo de imputs do que se coce na rúa e os arredores da cidade; pois cando te pos a andar, aínda que non queiras, oes e ves de todo.
A maneira de ir pola rúa cando temos presa é totalmente diferente de cando saímos a pasear. Por iso, así como cando imos acelerados non absorbemos case nada do ao redor porque a mente, ensimesmada, non ten espazo para máis; mentres imos en modo descanso multiplícase a nosa capacidade de recibir imputs.
Xavi Argemí, nado en Sabadell no 1995, é neto do pediatra que nos atendeu a min e meus irmáns cando os médicos se deixaban caer polas casas e, ademais de curar, coñecían as aventuras de cada un como calquera amigo da familia.
Despois de seis anos de intentar subirnos a un globo, por fin conseguímolo. A primeira, no 2017, quedou en intento porque o día anterior a saír dixéronnos que non nos confirmarían se sería posible ata as seis da mañá do día seguinte, no que nos chamaron dicindo que o voo quedaba cancelado polo vento.
O día que deixei Santiago para trasladarme a Pontevedra, onde vivín cinco aos, miña cabeza fervía. Como irá a cousa? -pensei-, pois seguir traballando en Santiago vivindo tan lonxe pode acabar comigo.
Ademais do Odyssey e diferentes cuestións relacionadas coa historia da navegación, nas últimas xornadas que organizou a Asociación de Enxeñeiros Navais e Oceánicos na Escola Naval de Marín, tamén se falou das galeras.
Hai quince días acompañei á Estación Intermodal ao meu amigo Vicente, rumbo a Almaty. Chegou alá dous días despois, logo de coller o tren Santiago-Madrid, durmir na casa dun amigo na capital e coller un avión de Turkish Airlines que facía escala en Estambul. Entre as horas do tren (catro) e do avión (doce), polo que lle entendín, pasaría dezaseis horas viaxando; o cal non é pouco.
Con motivo do cuarto centenario do seu nacemento, o Papa Francisco escribiu unha carta sobre Blaise Pascal, nado en 1623 en Clermont. Desde neno rastrexou os signos da verdade, en especial no campo das matemáticas, a xeometría, a física e a filosofía. Pero non se detivo aí.
Un día que tomando un café saíu o tema da polarización existente en determinadas cuestións, comezando polas políticas, Vicente comentou que un 20 % das persoas están amargadas. Ao preguntarlle como podía dicir isto con tanta seguridade, contestounos que era un fenómeno moi estudado. Dino os expertos -dixo sen pestanexar-. A máis outro 20 % forma parte das persoas “amargables” porque poden acabar pasando ao primeiro grupo cunha grande facilidade.
A recente desaparición dunha serpe que vivía cunha familia nun piso de Ferrol, non deixou a ninguén indiferente. Que se podía medir dous metros e terse escapado por unha tubeira e aparecer polo inodoro ou atacar a algunha persoa que crera que se trataba dunha broma... Tanto que unha vez a Policía alertou do sucedido, un dos veciños chegou a pechar a tapa do váter con cinta illante.
Cando na solución dun problema intervén un neno, como sucedeu coa carta que Souleymane enviou á FIFA para poder competir (seu nome é ficticio para protexer a súa intimidade), a posibilidade de solucionalo é maior.
Hoxe incorporamos a nosa sección de opinión ao experimentado columnista Joan Ribot. Con unha ampla traxectoria, Ribot comeza a súa andaina no Diario Luso-Galaico e desesámoslle moitos éxitos nas súas columnas e seguro que vai ser moi lido polos nosos lectores. REDACCIÓN.