viernes. 03.05.2024

Benqueridos Reis

Xa queda pouco para que cheguen os Reis Magos. Todos os cinco de xaneiro, millóns de nenos, nenas e adultos entramos nun estado de vibración único e indescritible. Que van traernos esta vez? Van traernos todo o que desexamos ou as nosas ilusións quedarán en nada?

Xa queda pouco para que cheguen os Reis Magos. Todos os cinco de xaneiro, millóns de nenos, nenas e adultos entramos nun estado de vibración único e indescritible. Que van traernos esta vez? Van traernos todo o que desexamos ou as nosas ilusións quedarán en nada?

Os Reis poden darnos aquilo que non somos quen de acadar durante o resto do ano, pois teñen o poder de facer realidade os nosos soños convertendo en posible o imposible.

Para que traían algo, primeiro, temos que crer neles. Ou polo menos que alguén crea por nós, pois iso tamén sirve. Como nos pasaba cando eramos cativos e aínda non sabíamos escribir unha carta ou como facerlla chegar ao ceo.

Que os agasallos -no caso dos Reis Magos- dependan de como nos portemos non é do todo certo, pois aínda que cando nos portamos ben tráennos máis xoguetes, a experiencia demostra que nunca traen carbón.

Algunhas das cartas aos Reis que puiden ler a vez que fixen de paxe do rei Baltasar, sorprendéronme bastante; pois ademais de pedir bicicletas, bonecas, videoxogos e mascotas, tamén pedían pola paz, os enfermos e as persoas que non teñen traballo.

A chegada dos Reis Magos ás nosas cidades sempre transcorre por rúas engalanadas de luces de cores, árbores con bolas brancas e azuis, estrelas rutilantes e beléns. Durante as semanas que vivimos neste ambiente intercambiámonos agasallos, desexámonos paz, un bo Nadal e novo ano, e nos convertemos en mellores persoas. Por que non alongamos esta atmosfera durante todo o ano?  

Durante o tempo de Nadal, que remata coa cabalgata dos Reis e a fantástica noite na que nos enchen de agasallos, a ilusión chea as nosas vidas e non se nos ocorre axustar contas co veciño, deixando as liortas para máis adiante.

Se ese espírito presidira a nosa conduta durante todo o ano, o mundo sería distinto, non si?

O mellor agasallo que nos traen os Reis, por encima dos agasallos materiais -moitos ou poucos- que poidamos recibir, claramente, é suxerirnos esa nova forma de vivir. Aínda que os Reis Magos descenden á terra só un día o ano, faríamos ben en espallar o seu modo de actuar a todos os  días do calendario, tanto a nivel individual como colectivo.

Se os Reis pasaran co seu camelo ao carón dunha persoa angustiada, de seguro baixarían da súa carroza para axudala. E, se tiveran a posibilidade de influír na política mundial, suprimirían os fondos que se destinan para a fabricación de armas e se utilizarían para acabar coa fame e a pobreza.

Pero aínda que ninguén de nós somos magos, ninguén pode prohibirnos soñar nin comezar o novo ano con ilusións, esforzándonos -como eles- para facelas realidade; aínda que parezan inalcanzables. Feliz 2024 para todos!

 

Benqueridos Reis
Comentarios