sábado. 23.11.2024

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de

Galicia, vén de eliminar un punto de vertido de augas residuais á ría de Vigo,

procedente dunha filtración existente na rede municipal de saneamento do

concello de Soutomaior, no entorno do lugar da Devesa.

As emisións contaminantes foron verificadas polos técnicos do Plan de

Control de Vertidos do organismo hidráulico da Xunta no transcurso das inspeccións levadas a cabo

no citado entorno, tras unha denuncia recibida en Augas de Galicia.

No

transcurso da inspección realizada polos efectivos do Plan de control e da

Gardería Fluvial de Augas de Galicia se puido constatar e

existencia de vertidos reiterados como consecuencia do deficiente funcionamento

dunha estación de bombeo de augas residuais existente na zona.

Augas de Galicia procedeu á notificar á Administración local a

situación, requiríndoselle a adopción das medidas oportunas para a subsanación

do punto de vertido. Dende o Concello de Soutomaior, a través da empresa

concesionaria do servizo de mantemento da rede de saneamento, leváronse a cabo

melloras técnicas no bombeo citado, destinadas a minimizar a saturación da rede

e os consecuentes episodios de vertido derivados de dita situación.

Recentemente, os técnicos dependentes de

Augas de Galicia realizaron unha nova comprobación do punto de vertido,

constatando a finalización da obras de mellora na estación de bombeo de augas

residuais instalada no lugar, que permitiron o cese dos aportes contaminante ao

dominio público marítimo terrestre.

A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais á ría de Vigo en Soutomaior