A conferencia do médico psiquiatra Eduardo Paz Silva, no marco dos actos de celebración do 30° aniversario da apertura do centro de Proxecto Home en Vigo, celebrouse no Círculo de Empresarios de Galicia en Vigo.
A disertación do doutor Silva ven complementar a impartida o pasado mércores, no mesmo emprazamento, polo prestixioso Catedrático de Medicina Legal da USC, Ángel Carracedo.
Na súa conferencia, titulada "Da perda da saúde mental á recuperación vital", Eduardo Paz profundizou nun tema de tanta actualidade como é a saúde mental e a súa asociación coas adiccións, o que se ven a denominar Patoloxía Dual.
Eduardo Paz Silva é Médico Psiquiatra cun amplo currículo e experiencia no tratamento de doentes con trastorno metal severo, facultativo especialista na Unidade de Agudos de Psiquiatría e na área da Unidade de Trastornos adictivos. É tamén consultor psiquiátrico de Patoloxía Dual en Proxecto Home Galicia.