sábado. 12.04.2025

O icónico grupo de rock coruñés Heredeiros da Crus dará o pistoletazo de saída á xira de presentación do seu esperado novo traballo, "Trankimasin", en Tui, nun dos concertos estrela das Festas de San Telmo 2025. A enerxía e a irreverencia da banda galega farán vibrar o Espazo Feiral o domingo 20 de abril ás 19.30 horas.

Heredeiros da Crus regresa aos escenarios para desgranar os temas de "Trankimasin", un álbum que se describe como unha "colección de 12 comprimidos receitados en caso de deficiencia sanguínea de rock setentero". As novas cancións manteñen a esencia da banda, mesturando a retranca e a irreverencia características con potentes guitarras eléctricas. Javi Maneiro (voz), Antonio Novo Suárez (guitarra), Tonhito de Poi (guitarra), Francisco Velo (baixo) e Manu Rey (batería) prometen un directo cargado de forza e dos seus grandes éxitos, como "Quero josar", "Non che teño medo" e "Corasón de Carballo", para celebrar os seus 33 anos de traxectoria musical.

Heredeiros da Crus elixen Tui para inaugurar a xira do seu novo álbum 'Trankimasin' nas...
Comentarios