sábado. 12.04.2025

O luns, 21 de abril, ás 19.30 h, o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, unha conferencia para conmemorar o Ano Castelao, titulada «Castelao: escritor e artista», que estará impartida polo historiador Miguel Anxo Seixas, presidente da Fundación Castelao.

Miguel Anxo Seixas, natural de Arzúa, é licenciado con grao en Historia da Arte Moderno e Contemporáneo pola Universidade de Santiago de Compostela (1984) e doutor en Historia Contemporánea. Foi redactor e guionista da Televisión de Galicia, así como coordinador do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega e actualmente preside a Fundación Castelao. As súas liñas de investigación céntranse na intelectualidade galega e en 2017 defendeu a súa tese de doutoramento, titulada Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao. Biografía dun construtor da nación.

O Ateneo de Santiago conmemora o Ano Castelao cunha conferencia de Miguel Anxo Seixas
Comentarios