domingo. 28.04.2024

O programa '+60 online' favorece o acceso ás propostas formativas e de ocio

 co obxectivo de acompañar na capacitación dixital ás persoas maiores, a proposta inclúe un programa de acompañamento personalizado adaptado ao nivel de cada usuario. Os cursos realízanse en directo a través da plataforma Vilma, permitindo a interacción co profesorado e o resto de participantes. As clases grávanse polo que é posible acceder aos contidos de novo cando se necesite.
©JOSE MANUEL VIDAL IGLESIAS.
©JOSE MANUEL VIDAL IGLESIAS.

Afundación porá en marcha a partir de mañá, luns 15 de xaneiro, a nova programación «+60 online» dirixida a este grupo de poboación co obxectivo de chegar ás persoas que non poden acceder de forma presencial, ben por estar distantes dos espazos+60 Afundación, porque teñen dificultades de mobilidade ou porque non dispoñen de tempo. A proposta, que pode consultarse nesta ligazón, inclúe un total de 19 actividades que abarcan catro ámbitos diferentes: benestar, cultura dixital, historia e arte e creatividade.

Ademais, co obxectivo de acompañar na capacitación dixital ás persoas maiores, a proposta inclúe un programa de acompañamento personalizado adaptado ao nivel de cada usuario. Os cursos realízanse en directo a través da plataforma Vilma, permitindo a interacción co profesorado e o resto de participantes. As clases grávanse polo que é posible acceder aos contidos de novo cando se necesite.

«Tras a posta en marcha de +60 en liña durante a pandemia, moitos participantes solicitáronnos continuidade na programación pola comodidade de participar desde casa gozando dunha gran variedade de contidos de calidade. Aínda que a maioría das persoas prefiren as actividades presenciais, as nosas clases en liña ofrecen unha experiencia interactiva en directo con docentes e participantes e alternativas, en caso de non poder conectarse no horario programado, a través do acceso ás clases gravadas. Ambas as experiencias son compatibles e +60 online é sen dúbida unha oportunidade de ofrecer propostas interesantes a persoas que non teñen preto un Espazo+60 ou que teñen dificultades para desprazarse», subliña Sabela Couceiro, coordinadora da área de Maiores de Afundación.

A programación codeseñouse e testouse con persoas participantes, poñéndoas no centro de modo que a oferta se adapte aos seus intereses e necesidades. Mindfulness e meditación, pilates, baile para poñerse en forma ou xadrez inclúense entre as actividades do ámbito do benestar. A proposta ofrece así mesmo aprendizaxe de inglés e francés con distintos niveis, clases de historia e arte, música ou escritura. Tamén se propoñen obradoiros de fotografía dixital, acuarela ou manualidades con materiais reciclados e cultura dixital para sacar o máximo partido aos dispositivos móbiles e tablets.

O programa '+60 online' favorece o acceso ás propostas formativas e de ocio
Comentarios