sábado. 23.11.2024

Natural de Rebordáns (Tui), este guitarrista e técnico de son actuará no Wanda Metropolitano formando parte da Rockin’1000, a maior banda de rock do planeta. Composta por 1000 músicos de todo o mundo, a Rockin’1000 aterrizará por primeira vez en España o día 3 de xuño cunha montaxe e unha posta en escena propia dunha gran banda de rock. Anteriormente pasaron por París, Milán, Río de Janeiro ou Bogotá, entre outras capitais mundiais.

Por outro lado, o 20 de maio, Fran tamén estará tocando coa Crazy Rock Band na Praza de Touros de Alcázar de San Juan, compartindo escenario con M-Clan, Yosi (Los Suaves), Iñaki Uoho (Platero y Tú, Extremoduro) e Carlos Escobedo (Sôber).

O músico tudense, Fran Gómez, actuará ante milleiros de persoas no actual Estadio do...
Comentarios