A agrupación de música de MalÍ, Trio Da Kali, reunirase coa Real Filharmonía de Galicia nunha asombrosa colaboración inédita, que terá lugar o venres, 24 de setembro, ás 21 h no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, dentro da programación de maré 21, unha das estreas mundiais programadas polo festival.
Así o explicou o promotor de maré 21, Vítor Belho, no acto de presentación deste evento único, acompañado do Trio da Kali e o director da Real Filharmonía de Galicia, Paul Daniel, a quen Belho agradeceu que aceptara o reto de abordar uns arranxos inéditos en pouco tempo.
No seu encontro coa Real Filharmonía de Galicia, Trio da Kali interpretarán a música da súa colaboración de éxito co prestixioso cuarteto de corda Kronos Quartet, publicada en 2017 baixo o título Ladilikan. O director da RFG, Paul Daniel, afirmou que «traer estas dúas músicas clásicas e unilas é unha oportunidade fantástica. Non me gustan as orquestras pechadas, temos que abrirnos a novos mundos, ensaiar cousas novas». Daniel adiantou que no escenario haberá unha trintena de músicos, entre cordas, flautas, clarinetes e fagots, que acompañarán o Trio da Kali para facer brillar a súa música de tradición secular. «Estamos aquí para acompañar e aprender nova música clásica», dixo Daniel. Neste sentido, o virtuoso do balafón e director musical do grupo, Lassana Diabate, explicou que as súas cancións veñen dos S. XII e XIII, que se foron transmitindo de forma oral sen chegar nunca a ser escritas. «A nosa misión é continuar con esta tradición, que estaba en vías de desaparición, con toques propios e arranxos modernos que fomos incorporando».
TRÍO
Trío da Kali son unha formación de destacados músicos da cultura mandinga do sur de Malí, que proveñen dunha liaxe de distinguidos djelis (griots). Trio Da Kali descóbrennos as raíces desta gran tradición. Estamos, sen dúbida, ante unha das músicas máis refinadas e sublimes do continente africano, que tamén aporta frescura e renovación, xa que dan un toque contemporáneo e creativo ás súas canciones, de xeito sutil, dando nova vida a esta música tan antiga. Os membros desta agrupación pertencen a familias moi arraigadas musicalmente, que lles transmitiron un repertorio cargado de riqueza. Gran parte deste repertorio está a ser esquecido ou descoidado e, porén, aínda hoxe representa o corazón dunha cultura musical que resistiu o paso do tempo durante séculos. Trio Da Kali amósanos o atemporal e cautivadora que é esta extraordinaria herdanza musical.
O trío está formado pola mellor voz de Malí actualmente, Hawa Diabate, o virtuoso do balafón e director musical do grupo, Lassana Diabate e o intérprete de ngoni Mamadou Kouyate. Rapidamente descubrieron que tiñan algo especial en común. "Da Kali" significa "facer un xuramento", e é a promesa dos griots de manter a súa arte. Neste caso, a súa batalla por manter esta tradición implica renovación, fermosas sorpresas musicais e unha interacción sutil e finamente afinada entre tres músicos virtuosos.
A Real Filharmonía de Galicia nace como un ambicioso proxecto cultural en Santiago de Compostela no ano 1996. Xestionada polo Consorcio de Santiago, desde fai 25 anos leva a súa música por toda Galicia e España, con destacadas xiras por diferentes países de Europa e América. Amosa un especial interese pola creación contemporánea, apoiando a estrea de obras de novos compositores e compositoras. Tamén é habitual a súa colaboración con artistas dos máis diversos estilos musicais. Na actualidade, a RFG consolídase como unha das iniciativas galegas máis importantes e recoñecidas, empeñada na búsqueda de sinerxías con outras institucións culturais nos eidos rexional, nacional e internacional, e na difusión da cultura que se fai en Galicia máis alá do seu territorio, como esta colaboración co Festival maré 21.