viernes. 11.10.2024

Este mércores 9 de outubro, a Praza de Abastos de Moaña acolleu a inauguración dun proxecto artístico que contou coa participación de diferentes creadores e propostas. Este evento busca achegar as artes plásticas á xente, ao tempo que artella un colectivo plural e participativo de artistas, tanto noveles como consolidados, da Península do Morrazo.

O elenco creativo inclúe a Alfonso Cancelas, Cristina Carvaja, Manuel Chapela, Marisa Crespo, J.A. Fernández Ambroa, María Fortes Blanco, Xoan Carlos Gil, Rafael Luceiro, David Middleton, Bel Miranda, J.M. Parcero, Javier, Gerardo Pérez, Henrique Prado, Amable Santos e Agustín Bastón. A exposición, baixo o slogan "Momoart Artellando", estará aberta desde o día 9 ata o 27 de outubro, todos os días de 17.30 a 20.30.

O acto de inauguración foi presentado por Luis Pérez, unha figura moi activa nos movementos culturais de Moaña, que deu a benvida a todos os asistentes e destacou a importancia deste proxecto para a comunidade.

Inaugurado o Proxecto Artístico 'Momoart Artellando' na Praza de Abastos de Moaña
Comentarios