Afundación, a Obra Social de ABANCA, continúa este mércores, 14 de abril ás 20.00 h, a través do seu portal dixital Afundación TV co seu proxecto cultural dirixido a dinamizar a actividade das artes escénicas. De maneira gratuíta e en aberto, cada semana, Afundación TV emite a representación teatral dunha obra senlleira das artes escénicas clásicas e contemporáneas con montaxe da compañía Secuencia 3. Mañá, ás 20.00 h, emitirase Hombres de 40.
'HOMBRES DE 40'
Baixo a dirección de Mariano de Paco Serrano, e con guión de Eduardo Galán, Secuencia 3 conta para esta representación cun elenco conformado por Roberto Álvarez, Diana Lázaro, Santiago Nogués e Francesc Calcerán. Hombres de 40 é unha comedia que busca provocar unha sonora e sa gargallada entre o público. Co pano de fondo da popular crise da madurez, esta obra sácalle punta a esta fase. Quen non se riu das súas propias teimas, dos seus propios erros, dos seus complexos e medos, das súas parvadas ou das súas fobias? A risa é esencial.
Desde esa sa risa está escrita Hombres de 40, coa intención de encher de ilusión vital os espectadores, de contaxiar a risa a quen sintan curiosidade por saber como é esa temida crise dos corenta. Porque a verdadeira crise é a da vida, a crise de quen deben propoñerse o tempo de permanencia na vida... Amor, humor, sexo, fortaleza, tenrura, xenerosidade, todo iso fúndese nun espectáculo que persegue a risa, o sorriso e a reflexión.
Con esta iniciativa, Afundación busca dinamizar as artes escénicas nunha conxuntura de limitación de capacidades de espazos. Ademais, mediante a colaboración con Secuencia 3, a compañías implicada na montaxe de cada unha destas pezas, visibilízase o traballo intenso e necesario de todas persoas profesionais da cultura involucradas na realización dunha obra de teatro. Deste xeito, Afundación reforza as súas propostas de ámbito cultural, un dos seus eixes estratéxicos, consolidando tamén o papel de Afundación TV como canle de difusión das súas actividades.
As obras de teatro programadas son as seguintes:
Mércores, 14 abril – Hombres de 40
Mércores, 21 abril – Última edición