A Fundación Xosé Neira Vilas únese á celebración do Día das Escritoras, promovida pola Biblioteca Nacional, rendindo homenaxe a Anisia Miranda, a quen este 22 de outubro se cumpre o quince aniversario do seu falecemento.
O acto central da homenaxe terá lugar o 14 de outubro cunha emotiva ofrenda floral no cemiterio de Gres, onde descansan os restos da escritora. Acompañando esta ofrenda, se levará a cabo unha lectura pública de diversos textos literarios de Anisia Miranda, nos que a autora reflexiona sobre a muller e o mundo rural, tema proposto este ano pola Biblioteca Nacional para esta celebración.
Con este acto, a Fundación Xosé Neira Vilas quere manter viva a memoria e o legado literario de Anisia Miranda, unha das voces máis destacadas da literatura galega, e reivindicar a importancia da súa obra e a súa visión da realidade rural galega.