sábado. 23.11.2024

O Teatro Municipal de Tui acolle o martes 23 e o mércores 24 de marzo, ás 19.30 h,  a estrea de 'Illas Desertas' da Compañía Escénica Transmédia Artesa Cía.

A obra está escrita e dirixida por Artesa Cía con textos de SebastIán Álvaro. Sobre o escenario estarán Laura Villaverde, Roi Fernández, Héctor Pazos e Susana Méndez. Contan coa colaboración tecnolóxica de Fura dels Baus.

“Illas Desertas” válese das experiencias e reflexións de dous dos grandes fracasos da historia, a aventura da aviadora Amelia Earhart e da expedición antártica do explorador Ernest Shackleton. Toda a obra está bañada pola súa transmisión cultural, polo seu camiño vital cara á utilidade desas cousas inútiles.

Os protagonistas desta historia convidan ao público, a través dos seus móbiles, a subirse a bordo dunha expedición cara unha illa deserta, que flota no espazo-tempo (no Pacífico, na Antártida, na Indonesia de hai 40.000 anos?). Esta viaxe fraccionada en etapas convértese nun acto poético e nunha experiencia, unha bela aventura contemporánea na que se amosa outro camiño, outra alternativa á competitividade e produtividade da sociedade actual atafegada polo éxito, as metas e a posesión de bens.

As entradas poranse á venda o luns en tui.gal e poderán mercarse até o día da función hora e media antes do comezo. Os presos son 6 e 5€.

Previa a estrea a compañía está a realizar sete días de residencia no teatro tudense.

Estrea de 'Illas Desertas' da Compañía Escénica Transmédia Artesa Cía