domingo. 24.11.2024

A actividade 'Contos do dereito do revés', de Eli Ríos, terá lugar este xoves día 5 de decembro ás 18 horas na sala multiúsos do auditorio municipal Reveriano Soutullo.

O servizo municipal de Normalización

Lingüística explica que é un contaconto dirixido a nenas e nenos de 4 a 9 anos,

baseados nos contos da tradición oral e tamén contemporáneos, nos que se

propoñen novas formas de contar historias, de xeito igualitario.

Esta actividade, en colaboración co Concello de Ponteareas, forma parte de Igual-son, incluída na campaña Nós contra a violencia da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, que se desenvolve no marco do Pacto de Estado contra a Violencia da xénero.

Contos do dereito e do revés, de Eli Ríos