viernes. 22.11.2024

'Castelao grafista (facsímile)'

Esta exposición enmárcase na iniciativa 'Cultura por alimentos' que Afundación leva a cabo en colaboración con FESBAL (Federación Española de Banco de Alimentos) e que pretende achegar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais. A entidade invita aos visitantes a colaborar con esta iniciativa a través da doazón de alimentos non perecedoiros ao visitar a mostra. 'Castelao grafista (facsímile)' permanecerá aberta ata o vindeiro 25 de agosto e poderase visitar de luns a domingo de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 h.
IMG_20220721_135153
IMG_20220721_135153

Afundación, a Obra Social de ABANCA, o Concello de Ponteceso e ABANCA desenvolven, na Sala de Exposicións da Biblioteca do Centro Cultural, a mostra 'Castelao grafista (facsímile)'. Esta exposición está incluída en «Corrente cultural», un programa enfocado á promoción de actividades culturais máis alá das sedes de Afundación.

'Castelao grafista (facsímile)' permanecerá aberta ata o vindeiro 25 de agosto e poderase visitar de luns a domingo de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 h.

Esta exposición enmárcase na iniciativa 'Cultura por alimentos' que Afundación leva a cabo en colaboración con FESBAL (Federación Española de Banco de Alimentos) e que pretende achegar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais. A entidade invita aos visitantes a colaborar con esta iniciativa a través da doazón de alimentos non perecedoiros ao visitar a mostra.

A exposición, que conta con pezas procedentes das coleccións de arte de ABANCA e Afundación, componse dunha escolma rigorosa de obras nas que se reflicte a evolución tanto do compromiso ético, social e político do artista rianxeiro, como dos seus recursos plásticos e a súa querenza pola ilustración. O seu interese pola palabra e pola imaxe consolidouse nas colaboracións que, a partir de 1924, empezou a publicar en medios como Galicia, Faro de Vigo ou Vida Gallega, nas que a ilustración e o texto reflicten a ácida crítica dun Castelao cada vez máis comprometido. Esta forma de arte e denuncia acabaría articulando obras tan relevantes como Cousas da vida (1930) e os álbumes de guerra Galicia mártir (1937), Atila en Galicia (1937) e Milicianos (1938).

No ano 1945, tras case unha década vivindo no exilio, Castelao rematou o que sería considerado como o seu testamento pictórico, A derradeira leición do mestre, unha tea na que se retoma unha ilustración de guerra elaborada en 1937. Nela, Castelao funde ilustración e pintura en homenaxe ás mestras e mestres asasinados tras o golpe de Estado de 1936.

A mostra reúne facsímiles da Colección de Arte Afundación e debuxos do álbum Cousas da vida de Castelao, dos que pertencen á Colección de Arte ABANCA. Ademais, poderanse ver retratos fotográficos, caricaturas, debuxos e portadas de revistas.

'Castelao grafista (facsímile)'
Comentarios