sábado. 23.11.2024

Acaba de ver a luz o meu libro Campo de pullas, editado polo Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) por medio de Companha Editora (grupo Sacaúntos). Nel mergullámonos nas guerras literarias do século de ouro, centrados nos tres poetas sobranceiros, Góngora, Lope de Vega e Quevedo, e recompílanse as sátiras poéticas (máis de medio cento) que se cruzaron, analizándoas e explicando as claves necesarias para a súa comprensión. Pódese dicir que é unha obra singular por reunir todos estes poemas nun volume, e, tamén, por comentalos en galego. Non se trata dunha obra erudita para iniciados, senón divulgativa dirixida a lectores curiosos amantes do enxeño, con frecuencia sublime, co que este trío de ases manexaba a lingua. A segunda parte do libro contén, como anexo, feitos, curiosidades e ampliacións que axudan a colocar a actividade satírica e poética dos heroes áureos no marco axeitado.

Nos arquivos adxuntos pódense ver un exemplo dos comentarios de poemas da primeira parte (“Cierto poeta, en forma peregrina”) e un artigo anexado da segunda (“Barrio das letras”).

Pódese pedir nas librerías ou na web da editora https://companha.gal.

'Campo de pullas' para lectores curiosos amantes do enxeño, con frecuencia sublime de...
Comentarios