A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), en colaboración coa Deputación da Coruña, está a celebrar un ciclo de conferencias co título “Fronteiras, dende a orixe do universo ata a exploración espacial”. As charlas prolongaranse ata o vindeiro xoves, 13 de xuño, das 17:00 ás 20:30 horas, e tamén poden seguirse en directo a través da canle de Youtube da RAGC.
A xornada de mañá mércores terá lugar no Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña. Centrarase na búsqueda de vida no universo e na posibilidade de vivir fóra do noso planeta. Asistirán o subdirector do CITIC, Javier Pereira; e as coordinadoras do ciclo: a catedrática de Astronomía e Astrofísica da Universidade da Coruña Minia Manteiga, académica e secretaria da RAGC; e a catedrática de Astronomía e Astrofísica da Universidade de Vigo Ana Ulla.
Os sistemas planetarios coñecidos son moi diferentes ao noso
A sesión comezará coa intervención de Benjamín Montesinos, investigador do Centro de Astrobiología do CSIC e presidente da Sociedad Española de Astronomía. Foi investigador no Departamento de Física da Universidade de Oxford, traballou no Departamento de Astronomía da Universidade de Rochester e dirixiu o Laboratorio de Astrofísica Espacial y Física Fundamental. Afondará nas características dos sistemas planetarios descubertos ata agora e as súas perspectivas de futuro.
O experto apunta que “hasta 1995 no conocíamos la existencia de ningún sistema planetario aparte de nuestro sistema solar. No había ninguna razón para dudar de la existencia de planetas extrasolares o exoplanetas -planetas orbitando en torno a otras estrellas similares a nuestro Sol-, pero, a pesar de que los métodos para descubrirlos estaban ya desarrollados, se tardó en aplicarlos a este campo de investigación”.
O científico indica que, ao longo dos anos, os métodos de detección de exoplanetas foron mellorando a súa precisión, o que nos permite coñecer as características básicas dos seus compoñentes. “Sin embargo, las morfologías de esos sistemas son muy distintas de la del nuestro. Pero en un futuro próximo, con la puesta en funcionamiento de los telescopios de gran diámetro y con observatorios espaciales dedicados específicamente al estudio de exoplanetas, es seguro que podremos descubrir gemelos del Sistema Solar y dar el siguiente paso para contestar a la gran pregunta de si estamos solos en el universo” -manifesta-.
A búsqueda de vida máis aló do Sistema Solar
De seguido intervirá a astrofísica galega de Boiro Isabel Rebollido, que na actualidade traballa no Centro Europeo de Astronomía Espacial (ESAC), situado en Madrid e encargado das misións de astrofísica e da exploración do Sistema Solar da Axencia Espacial Europea (ESA). Ademais, forma parte da Comisión Mujer y Astronomía da Sociedad Española de Astronomía. A súa investigación céntrase nos chamados discos de escombro, discos de pó e lixo que orbitan ao redor de estrelas con sistemas planetarios maduros e que conteñen información relevante sobre como é o seu sistema planetario e a súa potencial capacidade para albergar vida. Nesta liña, falará sobre o que nos depara o futuro en relación á procura de vida máis aló do Sistema Solar.
“A orixe da vida na Terra e a súa busca máis aló do noso planeta son interrogantes que a humanidade leva intentando resolver desde os seus inicios. As preguntas que outrora foran filosóficas convértense agora en investigación científica tanxible, grazas aos recentes avances tecnolóxicos” -remarca-. Indica que o proceso de formación é clave para investigar a habitabilidade, xa que “a evolución dende o estado de nube molecular ata a distribución final está afectada por un gran número de parámetros e axentes externos como por exemplo a interacción con outras estrelas”.
“Observacións futuras cos grandes telescopios espaciais de nova xeración aspiran a tomar as primeiras imaxes dun planeta similar á Terra, o que nos permitirá obter información directa sobre a súa atmosfera, temperatura e condicións de habitabilidade. Ata entón, os astrónomos e astrónomas utilizamos datos indirectos para localizar os mellores candidatos para a procura de vida fóra do Sistema Solar” -afirma-.
As bases da vida fóra do noso planeta
Ester Lázaro é investigadora do Centro de Astrobiología do CSIC. Na súa intervención tratará as bases da vida fóra do noso planeta desde unha perspectiva astrobiolóxica. Sinala que “entre las grandes preguntas que se ha formulado el ser humano a lo largo de su historia se encuentran algunas como ¿cuál es el origen de la vida en la Tierra?, ¿puede haber surgido la vida en otros cuerpos del universo? o ¿cómo serían los moradores de esos lejanos lugares? Para responder a estas cuestiones desde el punto de vista científico, la astrobiología se ocupa del origen, evolución, distribución y futuro de la vida en el universo”.
A científica afirma que unha posible definición de vida sería “un sistema transformador de energía en base a un sustrato genético que permite su evolución”. Pon de relevo que esta definición dá cabida á existencia de manifestacións da vida moi distintas á terrestre. “Encontrar alguna de ellas sería un hallazgo revolucionario, ya que nos permitiría identificar por fin cuáles son las propiedades esenciales de la vida y entender su significado en la evolución del universo” -manifesta-.
Ao remate da sesión, os asistentes poderán manter un debate cos expertos participantes no encontro. Pódese participar gratuitamente en todas as conferencias deste ciclo, de xeito presencial ou en liña, previa inscrición: https://forms.gle/FZ6hAQovKHtncLEx9