viernes. 22.11.2024

A Real Filharmonía de Galicia presenta este xoves o seu novo disco no Auditorio de Galicia, realizado coa discográfica Odradek Records e co apoio do Xacobeo 2021-2022. Co título Atlantic Waters, reúne obras de catro compositores galegos contemporáneos: Eduardo Soutullo, Fernando Buide, Juan Durán e Octavio Vázquez. No mesmo participaron ademais a gaiteira Cristina Pato, a soprano Raquel Lojendio e a arpista Alba Barreiro. A batuta levouna o director titular e artístico da RFG, o mestre Paul Daniel. O disco gravouse en xuño de 2017 e xullo de 2018 na sede da RFG, o Auditorio de Galicia. O encargado do son foi Pablo Barreiro.

Juan Durán.

Este proxecto, que se presenta no ano do 25º aniversario da Real Filharmonía de Galicia, enmárcase dentro do compromiso da RFG de apoiar aos compositores galegos contemporáneos. No acto estarán o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; a xerente do Consocio de Santiago, Belén Hernández; o director titular e artístico da RFG, Paul Daniel; e a directora técnica da RFG, Sabela García.

'Atlantic Waters'