Dentro do calendario de Andainas e Caminhadas Saudables da Eurocidade Tui-Valença este sábado celebrarase a Andaina Histórica de Tui. Da man do club AndaTui sairá ás 20.30 h dende a praza da Inmaculada para realizar un percorrido doado de 3 quilómetros, guiado polo historiador Suso Vila, percorrendo as antigas portas de entrada a cidade. Rematará na Alameda de San Domingos para degustar unha chocolatada con rosca, e o bruxo Gabi realizará unha queimada.
A inscrición está aberta até mañá xoves, 3 de agosto, a través do formulario dispoñible en andatui.es. Ten un prezo de 6€ por persoas.
Dentro deste circuíto de Andainas as próximas citas serán o 24 de setembro co Trilho do Portal do Crasto en Valença, o 8 de outubro coa Andaina da Macoca a San Fins, en Tui e o 26 de novembro co Trilho de Sao Grabriel en Valença.