viernes. 22.11.2024

A Real Filharmonía de Galicia vai estrear a ópera cómica A sombra de Cristal de Fernando Buide, con texto e dirección escénica de Quico Cadaval, un encargo conxunto da RFG e a Asociación de Amigos da Ópera de Santiago. Será o 9 de decembro para os abonados e o 10 para o público xeral, ás 20.30 horas no Auditorio de Galicia. Dirixida polo director titular e artístico da RFG, o mestre Paul Daniel, contará coas voces da soprano María Hinojosa, do barítono César San Martín e do actor Víctor Mosqueira -que fai de personaxe muda-. O concerto, que inclúe ademais La serva padrona de Pergolesi, está realizado en coprodución entre a RFG, Amigos da Ópera de Santiago e o Centro Dramático Galego; co apoio do Xacobeo 2021-2022. O día 9 poderá seguirse en streaming a través da canle de Youtube da Real Filharmonía de Galicia. As entradas xa están dispoñibles en www.compostelacultura.gal.

Quico Cadaval. SONIA GARCÍA.

 

Este proxecto vaise presentar mañá martes no Auditorio de Galicia, coa presenza do secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández; o director titular e artístico da RFG, Paul Daniel (vía vídeo); o presidente da Asociación de Amigos da Ópera de Santiago, Jesús Couceiro, o compositor Fernando Buide; Quico Cadaval, María Hinojosa, César San Martín; e a directora técnica da agrupación, Sabela García.

 

'A sombra de Cristal' de Fernando Buide