viernes. 22.11.2024

Onte pola tarde celebrouse nos exteriores do Pazo de Mos o primeiro concerto da serie Cantando á Nosa Terra, subvencionada pola Xunta de Galicia, concretamente pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, e organizada pola Banda de Música Xuvenil de Torroso, que nesta ocasión actuou acompañada dos cantantes Andrea Pousa e Antonio Barros interpretando, entre outros coñecidos temas da música galega, os famosos ‘Negra Sombra’, ‘Semente dun Home Sabio’ ou ‘Lela’.

O evento contou coa colaboración do Centro Recreativo e Cultural de Torroso, a Fundación Pazo de Mos e o Concello de Mos.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, asistiu e este concerto inaugural xunto co Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, e a concelleira de Cultura mosense, Sara Cebreiro.

O Secretario Xeral Valentín García declaraba na súa intervención ao inicio do acto que “con este concerto iníciase en Mos a programación do Xacobeo 2021”, o que supón unha gran honra e orgullo para o Concello e a súa veciñanza.

Ademais dos artistas que onte acompañaron á Banda de Música Xuvenil de Torroso, a Banda contará coa colaboración nesta serie de concertos, das Pandereteiras Sobreira de Torroso.

Todos os concertos desta serie están enmarcados no programa Xacobeo 2021, e este primeiro espectáculo desenvolveuse no espectacular enclave do Pazo de Mos.

A Banda de Música Xuvenil de Torroso actuou acompañada dos cantantes Andrea Pousa e...