viernes. 22.11.2024

Recoñecese a Senda do Río Tea como un espazo natural, saudable e sostible.

Trátase dun recoñecemento nacional que outorga a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor que, neste caso, premia os labores que se levaron a cabo na Senda do Río Tea. Ao acto que se celebrou esta mañá en Madrid
. Ao acto que se celebrou esta mañá en Madrid, acudiron a concelleira de Medio Ambiente, Silvia Fernández, e o edil de Facenda, Francisco Represas, en representación do grupo de goberno.
. Ao acto que se celebrou esta mañá en Madrid, acudiron a concelleira de Medio Ambiente, Silvia Fernández, e o edil de Facenda, Francisco Represas, en representación do grupo de goberno.

O Concello recolle o galardón “Bandera Sendero Azul” polo seu compromiso na recuperación e posta en valor de itinerarios que promoven o desfrute sostible. Trátase dun recoñecemento nacional que outorga a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor que, neste caso, premia os labores que se levaron a cabo na Senda do Río Tea. Ao acto que se celebrou esta mañá en Madrid, acudiron a concelleira de Medio Ambiente, Silvia Fernández, e o edil de Facenda, Francisco Represas, en representación do grupo de goberno.

Deste xeito, un xurado formado por especialistas en eidos como o Patrimonio natural e Turismo recoñece a Senda do Río Tea como un espazo natural, saudable e sostible. Os profesionais valoraron a senda da vila como un recurso valioso para a interpretación e a educación ambiental así como para o desfrute da natureza mediante o desenvolvemento de actividades deportivas e turísticas.

Ademais, a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor puxeron en valor tamén outros criterios como a sinalización e as infraestruturas da senda, a súa conservación e xestión do patrimonio natural e cultural así como o seu uso público.

A concelleira de Medio Ambiente, Silvia Fernández, apuntou que “este recoñecemento é unha mostra da aposta pola recuperación dos nosos espazos verdes que facemos desde o goberno municipal” e agradeceu á Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor “o recoñecemento que Bandera Sendero Azul supón para a Senda do Río Tea”. Avanzou tamén que “continuaremos traballando na posta en valor da nosa contorna para continuar ofrecendo á veciñanza un espazo saudable no que poder realizar diferentes opcións de ocio sostible”.

Pola súa banda, a alcaldesa, Nava Castro, indica que “ a nosa vila ten potencial para desenvolver actividades que teñan que ver coa natureza e o noso labor consiste en coidar eses espazos e poñelos en valor para o desfrute tanto dos veciños e das veciñas como das persoas que nos visitan”.

Recoñecese a Senda do Río Tea como un espazo natural, saudable e sostible.
Comentarios