martes. 24.12.2024
Roberto Ledo

Roberto Ledo

Roberto Ledo Garrido, nado en Vigo o 2 de agosto de 1960,leva case 20 anos como salvaterrense de adopción onde exerce a súa profesión de xornalista. Antes foi profesor de Formación Profesional tras diplomarse en Profesor de Educación Xeral Básica en 1984.Tras 6 anos de ensino, namorouse do xornalismo e comezou a traballar no xornal Faro de Vigo. Nos anos 90 residiu en Santiago de Compostela e traballou primeiro como redactor nunha produtora audiovisual de La Región e á vez colaborou coa Axencia Galega de Noticias. En 1991-92 foi redactor de local en Santiago de Compostela no Ideal Gallego. Roberto Ledo, director de DL-G. A continuación desenvolveu a súa profesión como consultor de comunicación da Escola Galega de Administración Pública, EGAP, da Xunta de Galicia. Desde 1993 ata o 2000 exerceu como director de comunicación na Secretaría Xeral de Desenvolvemento Comarcal da Xunta de Galicia. Alí impulsou desde case o seu nacemento o Plan Comarcal de Galicia a través da empresa pública Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia. Á vez foi colaborador de El Correo Gallego e O Correo Galego así como a revista económica ECO. Licenciouse en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela en 1998. No ano 2000 instalouse en Salvaterra de Miño, sendo director da publicación on line riadevigo.com. A continuación foi redactor de Atlántico Diario e La Voz de Galicia. Despois crea una empresa de Comunicación para os municipios de Salvaterra, Salceda de Caselas e As Neves co fin de dar a coñecer a actividade municipal. No En 2003, crea un dos primeiros xornais dixitais de Galicia, Vigometropolitano.com. Despois poría en marcha vigogastronomico.com e vigosport.com. Á vez colabora 2 anos coa Guía Gastronómica de Radio Vigo e, coa experiencia radiofónica adquirida, crea o seu propio programa de gastronomía en Onda Cero, Gastronomía na Onda. En 2009, funda Grupo ES. cun xornal que reúne a temática dos tres anteriores pero dirixíndose ao mundo empresarial nacional e internacional, grupoescomunicacion.com. Na actualidade, froito do seu coñecemento e boa acollida no país irmán, Portugal,  volve crear unha nova cabeceira, Diario Luso-Galaico, xornal que vai ser un punto informativo transfronteirizo que una Galicia con Portugal ofrecendo información de ambos os lados do Miño.  Na actualidade, Roberto está moi preocupado pola Nutrición así como en axudar a que outras persoas teñan un estilo de vida saudable. Esta formación permite consideralo un xornalista especializado en temas de benestar, exercendo como entrenador de persoas que queren mellorar a súa alimentación e o seu estilo de vida.