domingo. 24.11.2024

Nauta Sanxenxo é o porto deportivo máis importante do Atlántico e do Cantábrico, como non dubida en afirmar Telmo González Martín, presidente desta 'marina'  e alcalde de Sanxenxo. É máis, di que “eu creo que non hai ningún español que teña barco que non pasase por este porto deportivo”.

O porto deportivo construíuse en 1998 e pasou a mans

dunha sociedade municipal en 2002, Nauta Sanxenxo SL, unha concesión de Portos

de Galicia. En 2013, logrou a Q de Calidade e, en 2017, foi a primeira

instalación náutica certificada con Galicia Calidade.

Este porto deportivo conta con 400 prazas de amarre entre

8 e  48 metros de eslora.

No ano 2005, o evento da Volvo Ocenan Race marcou este

porto ao se celebrar a saída para a volta ao mundo. E agora, en 2020 e 2021,

vai ser o porto europeo para a clase de 6 metros de vela.

GALICIA CALIDADE

Nauta Sanxenxo ten a certificación de Galicia Calidade. “É un tema moi importante porque obriga moito. É custoso por esixente, pero ten un resultado a medio e a longo prazo moi positivo porque o cidadán valora moito a calidade. É un investimento máis ca un  gasto e a nós estanos a dar moi bo resultado”, sinala o presidente do  consello de Administración de Nauta Sanxenxo, Telmo Martín González.

DESEÑO DA PRAZA DO MAR

O ano pasado convocouse un concurso de ideas para o deseño arquitectónico da Praza do Mar en Sanxenxo. “Participaron libremente os mellores estudios de arquitectura e de enxeñería de España e de todo o mundo. Afortunadamente, gañou un español” co proxecto titulado ‘Batea en terra’, de Paredes Pedrosa Arquitectos SIP, Ignacio García Pedrosa e Ángela García de Paredes.

O proxecto gañador no concurso de ideas.

‘Batea en Terra’ vai transformar o actual bordo do mar nun espazo urbano central e facilitar a súa incorporación como espazo activo, parello á preservación do medio natural e do contorno paisaxístico, segundo se recolle na revista TC Prospectiva.

“Coa mesma intención integradora da paisaxe marítima

propoñemos unha paisaxe urbana continua en relación co resto de Sanxenxo. Un

parque xardín, con especies arbustivas autóctonas, que xere unha continuidade

topográfica que constituirá en elemento bisagra entre o Silgar, o paseo dos

barcos, o dique e os portos pesqueiro e deportivo”.

Aínda sen data para comezar, esta remodelación de Nauta

Sanxenxo supón algo más de 10 millóns de euros, sinala Martín González.

“Fixemos as cousas con sentidiño para que non lle custe ni un euro a ningún

cidadán de Sanxenxo”, advirte Telmo Martín.

A Praza do Mar ten 14.000 metros cadrados. “Estamos no medio do mar, na ría de Pontevedra, e hai que facer algo para que a xente poida  desfrutar. Non só durante o verán. Os meses de utilización están a medrar e van de outubro a maio. Queremos mellorar as instalacións para manter a imaxe de Sanxenxo e para que as persoas que nos visitan sexan aínda máis”, sinala o presidente de Nauta Sanxenxo.

SITUACIÓN ESTRATÉXICA

Martín González valora deste porto o estar situado “nunha zona estratéxica”. Miles de barcos –explica- navegan desde Europa ao Mediterráneo e pasan a 25 ou 28 millas desta costa.

Telmo repite que Nauta Sanxenxo é un “balcón sobre a ría de Pontevedra”. Se algo hai polo que o presidente de Nauta quere que se recorde este porto deportivo é pola zona onde está  situado.

E reforza esta idea coa de que está ben comunicado, con dous aeroportos a menos dunha hora, e por autoestrada con toda Europa

“Nós queremos ofrecer este porto a aquelas persoas que

veñen do Norte de Europa e, por suposto, a aqueles que teñen aquí os seus

barcos”. Ademais, Telmo Martín invita a coñecer o seu municipio, o único –xunto

con Cangas- que é bañado por dúas rías, a de Pontevedra e a de Arousa.

A realidade é que practicamente tódalas prazas están ocupadas

en Nauta Sanxenxo. “É un bo sinal. Isto significa que está a funcionar ben, que

é un lugar ben abrigado...”.

Tan só o presidente de Nauta Sanxenxo se lamenta de que

lle gustaría unha maior cantidade de barcos de vela. É  estase a sementar na xente nova, a través dos

colexios, para que participen no deporte da vela. “Ceo que a medio e longo

prazo nos vai dar os seus froitos”.

MOTOR

A influencia do porto no municipio é total. “É o motor

socioeconómico máis importante que ten o municipio e case me atrevería a dicir

desta comarca. É un referente a nivel nacional e internacional”, responde Telmo

Martín.

Para este 2020, en setembro, vai celebrarse o Campionato

de Europa da clase 6 metros de vela “e vai ter una expectación importante. E,

curiosamente, neste mesmo porto, o ano seguinte e por segunda vez consecutiva,  vaise celebrar o mesmo campionato”, explica.

Martín González  remítese ás palabra do prestixioso medallista olímpico Russell Coutts que “en varias ocasión dixo que a ría de Pontevedra ten unhas condicións magníficas para navegar”, lembra o presidente.

Telmo Martín esta orgulloso do seu  municipio. Resalta como os 17.500 habitantes cando chega o verán se multipliucan case que por seis e sobre pasan os 100.000. “Isto indica que imos ben, no bo camiño. Temos que facer que a xente visite este  municipio porque Sanxenxo ten 365 días diferentes”, remata. 


Telmo Martín, presidente de Nauta Sanxenxo: “Eu creo que non hai ningún español que...