Recentemente publicábase a circular 39/2022 que regula a normativa do Campionato de Galicia de Trail Running que se desenvolverá o vindeiro 17 de abril no Concello de A Pobra do Caramiñal.
Esta proba que conta con carácter individual e por equipos, chega a súa sétima edición con cada vez máis importancia e máis demanda logo do seu recoñecemento coma nova especialidade atlética no pasado Congreso da World Athletics WA do ano 2015 celebrado en Pekín.
Por tal motivo, este ano a proba terá un marcado carácter especial xa que, como anunciamos o pasado 17 de febreiro (noticia web), a selección galega de atletismo debutará no Campionato de España de Trail Runing que se vai desenvolver o 7 de maio en Berga (Barcelona). Todo elo vai dar pé a que este campionato autonómico sirva para confeccionar a Selección Galega que represente a nosa Comunidade no citado Campionato de T.R sumándose así ás distintas seleccións galegas oficiais de atletismo nas modalidades de campo a través, pista e ruta.
CRITERIOS
A proposta do responsable da modalidade Iván Sanmartín, a dirección Técnica da FGA estableceu que os tres primeiros e primeiras clasificadas do citado campionato pasen a ocupar de maneira automática un posto na Selección, correspondendo ao criterio da citada dirección, a selección dos restantes tres integrantes.
Poderán inscribirse no campionato todos aqueles e aquelas que teñan ficha pola FGA neste 2022 desde a categoría Sub20. O prazo de inscripción estará aberto ata as 20.00 horas do día 11 de abril.
Segundo verbas do propio responsable sobre esta cita coa selección autonómica, "esto é un feito histórico no atletismo galego que non fai máis que ampliar o amplo espectro competitivo federado nunha especialidade como o trail running que está en auxe nos derradeiros anos e que vai pararela á necesidade de desfrutar dos espazos naturais galegos de montaña, tan propicios para a práctica deportiva. Afrontamos este reto con moita ilusión por primeira vez, e agardamos que sexa o primerio paso dun largo camiño na procura de novos retos no atletismo galego, cunha selección que de seguro fará unha actuación destacable con ilusión e esforzo.".
PROBA ESIXENTE
A proba celebrarase como nos últimos catro anos con saída do Mirador da Curotiña (A Pobra do Caramiñal) discorrindo por un circuito de 25,44 Km. esixente pero de fermosas e expectaculares contornas.
Nos últimos anos a proba foi domiñada na categoría masculina por Rubén Martínez (gañador das edicións do 2019 e 2021) e na feminina por Eva de La Fuente (2017 e 2021).