martes. 07.01.2025

O Museo de Pontevedra inicia as conmemoracións do Ano Castelao cunha programación especial

El Museo de Pontevedra conmemora el 75 aniversario del fallecimiento de Castelao con una programación especial que inicia el 7 de enero, incluyendo una visita guiada a sus obras y una sesión de cine y música con María do Ceo. Además de las actividades presenciales, el museo ofrece recursos online para explorar la obra de Castelao, destacando su faceta artística, literaria y política.
El museo de Pontevedra ofrece recursos online para explorar la obra de Castelao, destacando su faceta artística, literaria y política.
El museo de Pontevedra ofrece recursos online para explorar la obra de Castelao, destacando su faceta artística, literaria y política.

O Museo de Pontevedra arranca este martes, 7 de xaneiro, as actividades conmemorativas do Ano Castelao, que lembra o 75 aniversario do seu pasamento. A programación inaugural inclúe unha visita guiada especial ás 18:00 horas ás salas dedicadas ao artista, seguida ás 19:30 horas dunha sesión de cine e música coa proxección de ‘Castelao: de chumbo a verba’ e a actuación de María do Ceo.

A visita guiada percorrerá as dúas salas que exhiben unha parte das máis de 1.800 obras de Castelao que conserva o Museo. Nelas, revísase a súa faceta de artista, pero tamén as de escritor e político galeguista, aspectos inseparables da súa figura. A visita, cunha duración aproximada de 60 minutos, repetirase o primeiro martes de cada mes ao longo deste ano. Requírese inscrición previa a través dun formulario dispoñible na web do Museo.

Ás 19:30 horas comezará a sesión de cine e música. A música correrá a cargo de María do Ceo, destacada voz que conecta Galicia e Portugal. Nada no Porto, desenvolveu a súa carreira artística no fado, ao que segue dedicada. Desde Cartas de Amor (1997), o seu primeiro disco, leva realizado centos de concertos e publicado catorce álbums que conforman un itinerario emocional con múltiples recoñecementos a ambos lados do Miño.

1visitasguiadas_castelao
A visita guiada percorrerá as dúas salas que exhiben unha parte das máis de 1.800 obras de Castelao que conserva o Museo. 

A continuación, proxectarase ‘Castelao: de chumbo a verba’, un documental ficcionado que mestura a época actual, os anos centrais da vida de Castelao e imaxes de arquivo para facilitar a comprensión do seu pensamento e a súa dimensión cultural e política. Dirixido por Miguel López en 2017, conta con Miguel Pernas, Uxía Blanco e Iago Novoa no elenco e ten unha duración de 60 minutos.

Máis actividades polo Ano Castelao

O Museo de Pontevedra desenvolverá ao longo do ano outras accións conmemorativas. O Museo custodia a maior parte da obra artística de Castelao, ademais da súa biblioteca persoal e importante documentación sobre esta figura clave para entender o século XX en Galicia desde o punto de vista artístico, literario e político.

Ademais das actividades presenciais, o Museo lembra que ten dispoñibles na súa web varias opcións para achegarse á obra de Castelao:

O Museo de Pontevedra inicia as conmemoracións do Ano Castelao cunha programación especial
Comentarios