viernes. 22.11.2024

A Xunta comeza o proceso participativo para elaborar a nova estratexia turística de Galicia 2024-2030

A Xunta de Galicia vén de comezar na nova estratexia turística 2024-2030 coa que se pretende planificar con previsión e afianzar o modelo galego con medidas orientadas á sustentabilidade e a dixitalización, entre outros aspectos.
Rueda subliña que Galicia aspira a aproveitar o seu papel como potencia termal europea para liderar a aposta polo turismo sostible. ARQUIVO DL-G.
Rueda subliña que Galicia aspira a aproveitar o seu papel como potencia termal europea para liderar a aposta polo turismo sostible. ARQUIVO DL-G.

A Xunta de Galicia vén de comezar na nova estratexia turística 2024-2030 coa que se pretende planificar con previsión e afianzar o modelo galego con medidas orientadas á sustentabilidade e a dixitalización, entre outros aspectos.

Con este obxectivo está a traballar xa, en colaboración co Cluster Turismo de Galicia e coas tres universidades galegas, no proceso de diagnose previo que permitirá coñecer de xeito analítico e, desde unha visión de conxunto, o estado de situación do turismo en Galicia.

Así, a partir da semana que vén convocaranse as mesas de traballo nas que participarán distintos axentes públicos e privados do sector. Alí exporán as necesidades e retos para os vindeiros anos. Recollerase información sobre a diversidade de perspectivas e desafíos que enfronta o turismo nas diferentes zonas da Comunidade.

Coa intención de dar cabida a todos os profesionais do sector turístico, esta información completarase coa recompilada a través dun cuestionario online no que poderán recoller a súa visión e suxestións. Por outra banda, para elaborar esta nova estratexia de turismo contarase tamén co aval científico das tres universidades galegas en coordinación coa Área de Estudos e Investigación de Turismo de Galicia, que realizarán unha análise científica sobre a oferta, a demanda e a cadea de valor do sector turístico en Galicia.

GALICIA DESTINO SEGURO

O Goberno autonómico continúa así planificando o seu modelo turístico nun momento que, como constatan as cifras do Instituto Nacional de Estatística (INE), se está a recuperar o dinamismo tras a pandemia.

Durante este tempo o Goberno galego contou coa coa folla de ruta elaborada no contexto pandémico e lanzada no ano 2021, Galicia Destino Seguro, que está vixente ata decembro. Entre outros aspectos, permitiu impulsar coa maior celeridade posible a reactivación turística de Galicia tras a crise sanitaria provocada pola covid-19 e recuperar nalgúns casos indicadores de ocupación e rendibilidade anteriores á pandemia.

A Xunta comeza o proceso participativo para elaborar a nova estratexia turística de...
Comentarios