sábado. 23.11.2024
A AECT da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal en asamblea

O proxecto Clustertur_GNP busca a creación dun clúster transfronteirizo de Turismo na Eurorrexión

 Asemblea e o Consello Superior da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da 
Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal (GNP-AECT) reuníronse hoxe, na súa sede de Vigo, coa 
presenza dos dous Directores Xerais da Xunta de Galicia encargados das Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, e da Administración Local, Natalia Prieto, e cos Vicepresidentes da Comisión de Coordinación de Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal (CCDR-Norte, IP), Célia Ramos, Jorge Sobrado e Ana Gomes, e do Director e o Subdirector da AECT da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal, Nuno Almeida e Xosé Lago.
Reunión da AECT da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal en asemblea.
Reunión da AECT da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal en asemblea.

 Asemblea e o Consello Superior da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da 
Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal (GNP-AECT) reuníronse hoxe, na súa sede de Vigo, coa 
presenza dos dous Directores Xerais da Xunta de Galicia encargados das Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, e da Administración Local, Natalia Prieto, e cos Vicepresidentes da Comisión de Coordinación de Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal (CCDR-Norte, IP), Célia Ramos, Jorge Sobrado e Ana Gomes, e do Director e o Subdirector da AECT da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, Nuno Almeida e Xosé Lago.

O obxectivo da sesión foi aprobar o plan de actividades e o orzamento da AECT para 2024, para 
poder implementar os nove proxectos europeos en execución, tras o repaso das principais 
actividades desenvolvidas en 2023. Entre elas destacan a sinatura, en Vigo, no pasado mes de 
novembro, do protocolo entre a Agrupación Europea de Cooperación Territorial da 
Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal e o Consello Sindical Interrexional Galicia – Norte de 
Portugal, para mellorar as condicións socio laborais dos traballadores transfronteirizos, a 
realización do 2º Encontro de AECT Ibéricas, para avanzar na cooperación transfronteiriza. Alén 
doutras moitas actividades, a GNP-AECT organizou, en xuño de 2023, en Matosinhos (Portugal) 
o 1º Seminario de Directores e Editores de Medios de Comunicación da Eurorrexión para 
debater a situación no sector e encontrar novas vías de colaboración.

A ASEMBLEA E O CONSELLO SUPERIOR DA AECT COMPROMETÉRONSE A:

1- Continuar a apoiar a mobilidade académica, co programa de éxito Iacobus, de 
cooperación coas Universidades, buque insignia da Eurorrexión Galicia – Norte de 
Portugal, e que neste 2024 celebra 10 anos e amplíase cara unha Rede Eurorrexional de 
Coñecimento e Innovación. Nesa liña, neste ano lanzaranse novas convocatorias do 
IACOBUS para Estadías, Publicacións Científicas E Patentes. Desde o seu comezo, o 
Programa Iacobus conseguiu desenvolver a cooperación transfronteiriza no ámbito da 
I+D+I entre Universidades, Centros Tecnolóxicos e Institutos Politécnicos da 
Eurorrexión.

2- Seguir incentivando o intercambio cultural na Eurorrexión, a través do programa 
Nortear, e a cooperación transfronteiriza noutros sectores estratéxicos para Galicia e o 
Norte de Portugal, como o turismo, a través do proxecto Clustertur_GNP, que busca a 
creación dun clúster transfronteirizo na Eurorrexión.

3- Fomentar a cooperación no sector aeroespacial, da enerxía verde e do agroindustrial, 
a través dos outros programas en execución pola (GNP-AECT).

4- Impulsar a mobilidade xeográfica e a cooperación de proximidade. A AECT da 
Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal continua envolvida na reclamación dun Estatuto 
do Traballador Transfronteirizo, para o que se impulsou un grupo de traballo coas 
diferentes entidades transfronteirizas implicadas para avanzar nos seus contidos, alén 
de continuar a reclamar a melloría urxente nas conexións ferroviarias, coa aposta firme 
no tren de alta velocidade Vigo - Porto, reafirmando as especificidades da Eurorrexión 
cos Gobernos dos dous países, aínda que sen avances nos últimos Cumios Ibéricos, de 
Viana do Castelo, novembro de 2022, e Lanzarote, de marzo de 2023.

O proxecto Clustertur_GNP busca a creación dun clúster transfronteirizo de Turismo na...
Comentarios