sábado. 23.11.2024

Nos hoteis e pensións galegos en xaneiro aloxáronse máis de 173.000 viaxeiros que fixeron máis de 310.000 noites

O Instituto Nacional de Estatística (INE), fixo hoxe públicos os primeiros datos turísticos de 2024 referidos aos hoteis e pensións durante este mes de xaneiro. Neste mes, máis de 173.000 viaxeiros se aloxaron nos establecementos hoteleiros e fixeron máis de 310.000 noites, uns niveis levemente inferiores aos do ano pasado, e similares aos rexistros acadados antes da pandemia consolidando así a senda de intenso crecemento dos últimos anos.
O datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) feitos públicos hoxe sitúan o crecemento deste parámetro no 2% con niveis de ingresos superiores á prepandemia.
O datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) feitos públicos hoxe sitúan o crecemento deste parámetro no 2% con niveis de ingresos superiores á prepandemia.

O Instituto Nacional de Estatística (INE), fixo hoxe públicos os primeiros datos turísticos de 2024 referidos aos hoteis e pensións durante este mes de xaneiro. Neste mes, máis de 173.000 viaxeiros se aloxaron nos establecementos hoteleiros e fixeron máis de 310.000 noites, uns niveis levemente inferiores aos do ano pasado, e similares aos rexistros acadados antes da pandemia consolidando así a senda de intenso crecemento dos últimos anos. Neste contexto, o sector hoteleiro foi quen de manter a mellora da súa rendibilidade (nun 2%) e acadou ingresos superiores aos rexistrados antes da pandemia.

En concreto, segundo os datos do INE, estímase que o sector obtivo uns ingresos de preto de 12 millóns de euros no mes de xaneiro, cifra que supera o dato do ano pasado en preto dun 1% así como os valores previos á pandemia, cando se facturaban 11,7 millóns de euros no segmento hoteleiro da comunidade en xaneiro de 2020 e 10,6M€ en xaneiro de 2019.

En canto ao perfil dos viaxeiros en xaneiro, o 78% das noites hoteleiras corresponderon ao turismo de ámbito nacional, segmento no que tivo un maior peso os españois que proceden doutras comunidades autónomas, xa que representan o 45% do total. Así pois, case unha de cada dúas noites nos hoteis e pensións de Galicia corresponderon aos españois que veñen de fóra da comunidade.

O mercado interno, dos residentes en Galicia, absorbe o 33% mentres que o 22% restante corresponde ao turismo internacional. O mercado nacional consolida con estes datos tres anos consecutivos de crecemento da demanda hoteleira no mes de xaneiro, que permiten acadar preto de 139.000 noites na comunidade, a segunda cifra máis elevada dos últimos anos.

Nos hoteis e pensións galegos en xaneiro aloxáronse máis de 173.000 viaxeiros que...
Comentarios