A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, pechou esta tarde o acto de presentación do cómic Camiño de Santiago. A aventura xacobea de Simón Martel, de Fausto Isorna, nun acto no que tivo lugar na Biblioteca Anxel Casal de Santiago de Compostela e no que tamén participou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.
O encontro tamén serviu para que o autor explicara o proceso de debuxo da banda deseñada a un grupo de alumnas e alumnos do Instituto Rosalía de Castro da cidade, que ao remate puideron levar a obra autografiada polo autor e publicada por El Patito Editorial. Isorna é un dos máis recoñecidos autores de banda deseñada galega e a serie de aventuras de Simón Martel a máis lonxeva das súas características en Galicia. Nesta ocasión a nova publicación xira arredor do Camiño de Santiago, o que a converte nun material didáctico perfecto para achegar a Ruta Xacobea aos máis pequenos.