viernes. 22.11.2024

A alianza da gastronomía e do turismo de calidade en Galicia

Nesta liña de actuacións do Goberno galego cara o fornecemento da gastronomía e o turismo de calidade, Rueda resaltou os máis de 30 millóns de euros que a Xunta de Galicia executará entre este ano e 2025 para actuacións no campo da enogastronomía e a posta en valor dos territorios vinícolas. Nesta mesma dirección, tamén apuntou as iniciativas como as Rutas do Viño de Galicia e puxo en valor aquelas accións que asocian o Camiño e o Xacobeo ao turismo de calidade, tras este ano de “magníficas cifras récord” con seis millóns de visitantes, a falta de engadir os desta ponte de decembro.
O presidente da Xunta visitou hoxe en Poio o restaurante Pepe Vieira, que acaba de conseguir a segunda estrela Michelin.
O presidente da Xunta visitou hoxe en Poio o restaurante Pepe Vieira, que acaba de conseguir a segunda estrela Michelin.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, amosou hoxe o compromiso da Xunta en continuar traballando por fortalecer a alianza da gastronomía e turismo de calidade en Galicia. Así o manifestou durante a visita que realizou en Poio ao restaurante Pepe Vieira, co gallo da consecución da segunda estrela Michelin.

Nesta liña de actuacións do Goberno galego cara o fornecemento da gastronomía e o turismo de calidade, Rueda resaltou os máis de 30 millóns de euros que a Xunta de Galicia executará entre este ano e 2025 para actuacións no campo da enogastronomía e a posta en valor dos territorios vinícolas. Nesta mesma dirección, tamén apuntou as iniciativas como as Rutas do Viño de Galicia e puxo en valor aquelas accións que asocian o Camiño e o Xacobeo ao turismo de calidade, tras este ano de “magníficas cifras récord” con seis millóns de visitantes, a falta de engadir os desta ponte de decembro.

Na consecución destas cifras considerou importante a contribución da gastronomía de calidade con “recoñecementos internacionais” como os que ten recibido o cociñeiro Xosé Cannas, do restaurante Pepe Vieira, ao que felicitou pola “moi merecida” segunda estrela Michelin. Precisamente,  enxalzou os vencellos entre o Camiño de Santiago coa cociña de alta calidade como factor a ter en conta no incremento do número de visitantes a Galicia.

De feito, recordou que Galicia contará o vindeiro ano con 18 estrelas Michelin, un número que o presidente da Xunta indicou que reflicte a creatividade, a vangarda e a potencia da cociña galega. “Temos unha pequena constelación de restaurantes dunha enorme calidade”, aseverou o presidente da Xunta, en referencia a que dos 325 establecementos Q de Calidade turística existentes na comunidade, 80 son de restauración.

A alianza da gastronomía e do turismo de calidade en Galicia
Comentarios