jueves. 21.11.2024

21 balnearios galegos vencellados a 9 itinerarios diferentes do Camiño de Santiago en un libro

Esta obra permite facer un percorrido por todos os balnearios galegos a través da súa historia, instalacións, as características e propiedades terapéuticas das súas augas, e a súa localización en torno a nove itinerarios diferentes do Camiño de Santiago. A finalidade é que tanto os viaxeiros como os peregrinos poidan gozar e beneficiarse dos seus innumerables atractivos.
Rueda salientou na súa presentación que as augas termais representan unha das grandes fortalezas de Galicia como destino.
Rueda salientou na súa presentación que as augas termais representan unha das grandes fortalezas de Galicia como destino.

A Cátedra de Hidroloxía Médica USC-Balnearios de Galicia presentou esta mañá a publicación “Balnearios en los Caminos de Santiago en Galicia”. Editado por Bolanda, o libro conta coa colaboración da Xunta de Galicia.

Ao acto, celebrado no salón reitoral da Universidade de Santiago, asistiron o vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda; o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López; o director da Cátedra, o doutor Juan Gestal; o editor, Antonio Couto; ademais de personalidades vencelladas aos balnearios galegos e ao Camiño de Santiago.

Esta obra permite facer un percorrido por todos os balnearios galegos a través da súa historia, instalacións, as características e propiedades terapéuticas das súas augas, e a súa localización en torno a nove itinerarios diferentes do Camiño de Santiago. A finalidade é que tanto os viaxeiros como os peregrinos poidan gozar e beneficiarse dos seus innumerables atractivos.

Rueda salientou na súa presentación que as augas termais representan unha das grandes fortalezas de Galicia como destino.
Rueda salientou na súa presentación que as augas termais representan unha das grandes fortalezas de Galicia como destino.

Alfonso Rueda salientou que “augas mineromedicinais e Camiño son dous recursos que se completan e se enriquecen. Ambos gozan de elementos históricos, valores simbólicos e peso turístico, cultural e económico. Configuran un patrimonio que contribúe a facer do noso territorio un destino único”. Manifestou que “o termalismo é unha das grandes fortalezas de Galicia como destino”.

Rueda puxo de relevo que “o turismo termal de Galicia constitúese como un dos nosos grandes produtos turísticos con maior grao de especialización e singularidade, con maior capacidade de desestacionalización da demanda, con poder para a captación de máis segmentos de público e de grande atractivo para artellar a oferta turística combinada que atopa no Camiño o seu complemento perfecto”.

RECLAMO PARA OS PEREGRINOS

O doutor Gestal destacou que “as augas mineromedicinais galegas, ben coñecidas e documentadas desde a dominación romana, teñen sido un reclamo durante séculos para moitos peregrinos que afrontaban a dureza do Camiño de Santiago. Na actualidade constitúen, probablemente, dous dos recursos máis coñecidos e mellor valorados de Galicia e o complemento perfecto para curar corpo e espírito”.

O director da Cátedra afirmou que Galicia é un dos principais destinos termais de Europa. “O termalismo, ao igual que o Camiño de Santiago, constitúe un importante patrimonio europeo a cuxo abrigo foron xurdindo cidades e vilas como Caldas de Reis, Mondariz, Baños de Molgas ou A Toxa, e dando sona a outras como O Carballiño ou Tui” -apuntou-. O doutor salientou que “o termalismo tivo un enorme papel histórico e cultural no nacemento e desenvolvemento do turismo ao longo dos séculos XVIII e XIX, e na dinamización socioeconómica das comarcas onde se localizan os balnearios, contribuíndo ademais á conservación e valorización medioambiental dos seus contornos”.

A PUBLICACIÓN

A publicación reúne información ilustrada dos 21 balnearios galegos, vencellados a 9 itinerarios diferentes do Camiño de Santiago. Así, no Camiño Mozárabe están os balnearios de Baños de Molgas, Caldas de Partovia e Gran Balneario do Carballiño (os dous no Carballiño) e Baños da Brea (en Vila de Cruces); no Camiño Miñoto-Ribeiro están os balnearios de Lobios, Cortegada, Arnoia e Laias (en Cenlle); no Camiño Portugués Interior e da Costa localízanse os balnearios de Caldelas de Tui, Mondariz, Acuña e Dávila (os dous en Caldas de Reis) e Termas de Cuntis.

Na Ruta do Mar de Arousa e río Ulla atópanse o Gran Hotel La Toja e o Hotel Isla de La Toja. No Camiño de Fisterra e Muxía están o balneario de Compostela (en Brión) e o de Carballo. No Camiño do Norte localízase o balneario de Guitiriz.

No Camiño Primitivo atópanse as Termas Romanas de Lugo. No Camiño Francés localízase o balneario de Río Pambre (en Palas de Rei). E no Camiño de Inverno está o balneario de Augas Santas (no concello lucense de Pantón).

 

 

21 balnearios galegos vencellados a 9 itinerarios diferentes do Camiño de Santiago en...