viernes. 22.11.2024

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, e o director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitaron hoxe a carpintería da Estrada Tec Model, que destacaron como un exemplo de emprendemento no marco da bioeconomía e a economía circular, fixando tecido empresarial no rural.

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, e o director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitaron hoxe esta compañía que se dedica ao deseño e fabricación de mobles e outros obxectos de madeira.

A empresa, dedicada ao deseño e fabricación de mobles, e a instalación e o mecanizado de diferentes obxectos de madeira, elabora coa marca de garantía selo Pino de Galicia as caixas de madeira coas que Xera e Galicia Calidade desenvolven unha acción promocional para impulsar a utilización deste material e promover un Nadal sostible, apostando por produtos de proximidade.

Así, entre outras accións destinadas a prescritores e profesionais, nestes momentos está activo nas redes sociais de Galicia Calidade un sorteo de 10 caixas de madeira con produtos da marca de garantía. A caixa é un agasallo reciclable e reutilizable que pode ter unha nova vida como botelleiro, xardineira ou unha casa de bonecas.

PINO DE GALICIA

A Marca Pino de Galicia desenvólvese co apoio da Xunta de Galicia, a través dun acordo de Xera coa Fundación Arume. Persegue prestixiar os produtos elaborados con madeira de piñeiro dos montes galegos. Representa un triplo compromiso do sector forestal, tanto coa orixe e trazabilidade da madeira, como coa sustentabilidade do monte –apoiada nos selos de certificación FSC e PEFC– e coa calidade, poñendo en valor o traballo de silvicultores e industrias.

Tec Model, economía circular