viernes. 22.11.2024

O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, informou hoxe, na rolda de prensa do Consello, da aprobación do anteproxecto da Lei reguladora da acción exterior e de Cooperación para o desenvolvemento de Galicia que comezará agora a súa tramitación parlamentaria.

Unha norma pioneira, que tal e como explicou, aspira a mellorar a proxección da nosa Comunidade a través da coordinación da acción exterior e que converterá a Galicia na “primeira CA en contar cunha lei validada polo Goberno de España”. A súa pretensión, dixo, é regular a participación galega na negociación Xunta-Estado, mellorar a atención dos galegos no exterior, consolidar a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e dotar Galicia de maior protagonismo na cooperación na cooperación para o desenvolvemento.

Cómpre sinalar que este texto pioneiro é resultado dun amplo proceso participativo, que incluíu a publicación da iniciativa no portal de transparencia da Xunta, contactos coas entidades e asociacións, a súa remisión ao Ministerio de Asuntos Exteriores, así como o informe favorable do Consello Galego de Acción Exterior. “Un dos anteproxectos de lei máis participativos e máis consensuado dos que remitimos ao Parlamento”, abundou.

Ao fío desta idea, o titular do Goberno galego sinalou entre os obxectivos estratéxicos desta lei: a diversificación dos mercados exteriores, a captación de capital mercantil e industrial para investimentos produtivos e capital humano, favorecer o retorno dos emigrantes e os seus descendentes e afondar na execución dos obxectivos da Axenda Global de Desenvolvemento das Nacións Unidas.

Ademais, durante a súa intervención tamén abundou nos aspectos que regulará esta lei como a negociación e execución en Galicia dos tratados e acordos internacionais, a posibilidade de que o Consello da Xunta examine no primeiro trimestre do ano o estudo Doing Business, ou o reforzo ao apoio á internacionalización das universidades galegas para captar talentos novos.

Por último, o presidente da Xunta fixo un repaso das novas figuras que se incorporarán para mellorar a atención á diáspora ou ás nosas empresas internacionalizadas. Entre elas destacan a creación do “asento de galegos no exterior”, o “asento de empresas e profesionais galegos no exterior” ou o “Rexistro de foráneos con intereses en Galicia”.

Pola súa banda o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, indicou que no ámbito dos acordos internacionais hai un apartado específico para defender os intereses do mar no exterior, cunha política activa de acordos da UE con terceiros estados non membros para o aprovisionamento de produtos no mar e estimular acordos con estados non membros da UE para o acceso ás súas augas. E, no referente á imaxe exterior de Galicia, a acción exterior en materia de turismo vaise centrar na marca Galicia, e facendo especial fincapé no Camiño de Santiago.Imaxes relacionadas

Aprobado o anteproxecto de Lei de acción exterior