sábado. 19.04.2025

Unha proposta

teatral dirixida a nenos e nenas de 0 a 4 anos é a que chega este sábado, en

dobre función, ao Teatro Municipal de Tui dentro da programación cultural

organizada polo Concello de Tui.

A compañía Caramuxo Teatro presenta 'Zapatos' unha obra recomendada pola Rede Nacional de Teatros.  Haberá dous pases, ás 17 e ás 18.30 horas, coa capacidade limitada a 100 espectadores por función.

'Zapatos' está protagonizada por Laura Sarasola.

'Zapatos' está protagonizada por Laura Sarasola e dirixida por Juan Rodríguez. Ao longo de 30 minutos achéganos á historia dos zapatos que xa ninguén usa, e que rematan nun recuncho dun agochado xardín onde son coidados por unha rapaza. 'Zapatos' narra as historias que levan dentro os zapatos que xa non teñen dono.

A compañía de

teatro infantil e familiar Caramuxo Teatro creouse en 2003 na Coruña, dirixida

por Juan Rodríguez e Laura Sarasola. Dende os inicios mestura diferentes

técnicas, teatro de actor, monicreques, danza... A compañía crea espectáculos

poéticos e visuais para público familiar e conta cunha liña específica para

bebés.         

As entradas están á venda en www.culturatui.info até o sábado ás 12 horas ou o sábado dende hora e media antes de cada función no despacho de billetes. Teñen un prezo de 3€ e 2€, este último para público infantil e para as persoas que teñan dereito a algún dos descontos establecidos.

'Zapatos', as historias que levan dentro os zapatos que xa non teñen dono