O venres pola tarde, día de Feira en Chandada, o pintor de terras ourensans de Quintela de Leirado, Xulio Fontes, presentou na Casa de Cultura, antiga morada dos Lemos, restaurada polo arquitecto Manuel Gallego Jorreto a exposición 'Transfiguración da materia', un conxunto de obras pictoricas nas que incorpora materiales de refugallo para transformalos en obras de arte, desde conchas de mexilóns, navallas, zamburiñas ou hueveras de cartóns que converte en ramos de rosas de cores.
No espazo expositivo o xornalista Alfonso Eyré, durante a presentación do acto refiriuse ao artista, manifestando " Xulio segue a ser un neno, un neno que olla cara o mar de Vigo, e cando pecha os ollos, enxerga a Raia Seca, ve aos seus veciños, os que se foron, os que se quedaron, os que nunca esquece, mesmo estando eles mortos e el afastado" .
O escritor de Rio Padroso, indicou aos asistentes no acto da inauguración " Non procuren a racionalidade na pintura de Xulio. A súa pintura está feita de emocións, pois as cargas emocionais incentivan a memoria e os sentimentos"
Asimesmo o autor de "Memorias de unha vaca amarela", entre outros libros, que coñece ben a obra e a vida do artista plástico, residente na cidade olívica, mais que volve sempre que pode a aldea de Forxan, nas abas do Penagache, referíuse na galería que o artista " teima en construir un mundo propio, persoal e ao mesmo tempo, transferibel. O seu mundo".
Ata a Casa de Cultura, desprazaronse amigos e seguidores do soñador de Quintela de Leirado. Alí a etnógrafa, Mercedes Saavedra, procedente de terras luguesas de Sarria xunto co inseparable compañeiro de viaxes Moncho, así como Xosé Figueroa, que chegou do Pazo de Sabadelle, amante das artes plasticas, uns e outros rodeados da obra de Xulio Fontes e igualmente disfrutar da poesia de Paco Ledo, bardo de Mariz, convidado ao acto no que non pasou desapercibido ao envolver o ambiente cultural con fermosas verbas
"Tronza a tesoira videira vella/ esmorece a cepa en carne viva/ enroscandose a folla no balado/ desterrando fumeira e fronciga"
Queda un mes por diante para contemplar "Bolboreta ornamental", "Infancia infinita", "A dona e o can", Robaliza, "Osais", "Perica", "Outono", "Fornigueiro", "Viaxando polas profundidades", "Dona das cunchas", Mencía", "A raposa e as uvas", Mazas" e "Ollo de vidro".
MANUEL ESTEVEZ, Comisario da Exposición.