lunes. 25.11.2024

Valente e arriscada: Idoia Montón destaca nos Premios Gure Artea 2024

Idoia Montón, artista  que mostrara  'As sete xanelas' no MARCO de Vigo, maio-setembro 2022, premio Traxectoria  Artistica Gure Artea 2024. Os gañadores da edición dos premios Gure Artea 2024, ademáis de Idoia Montón, premio á traxectoria artística, foron recoñecidos Josu Bilbao pola súa actividade creativa, e a sociedade cooperativa Tractora pola actividade realizada por diferentes axentes no ámbito das artes plásticas e visuais.

Idoia Montón.
Idoia Montón.

En conferencia de prensa celebrada o pasado 12 de xullo no ARTIUM Centro Museo Vasco de Arte Contemporáneo (Vitoria-Gasteiz), a vicelehendakari primeira e conselleira de Cultura e Política Lingüística, Ibone Bengoetxea, xunto ás persoas premiadas e membros do xurado, deu a coñecer os nomes dos gañadores da edición dos premios Gure Artea 2024. Xunto a Idoia Montón, premio á traxectoria artística, foron recoñecidos Josu Bilbao pola súa actividade creativa, e a sociedade cooperativa Tractora pola actividade realizada por diferentes axentes no ámbito das artes plásticas e visuais.

De Idoia Montón (Donostia, 1969), cunha traxectoria de máis de trinta anos, o xurado destacou a súa “actitude valente, arriscada e sen prexuízos, desmantelada de canons convencionais, situándose fóra das tendencias artísticas hexemónicas”. Os seus proxectos máis recentes céntranse no actual período de crise, unha realidade á cal se achegou “dende unha mirada crítica, consciente de radicalizar a práctica da pintura”. A súa publicación La Guerra mostra os cinco últimos anos do seu traballo, que conecta coa súa residencia no Kurdistán iraquí.

La Guerra era o título dunha das seccións de “IDOIA MONTÓN. As sete xanelas” (MARCO Vigo, maio – setembro 2022), comisariada por Alicia Fernández e Miguel Fernández-Cid, que reunía boa parte do traballo da artista dende 1990 ata a actualidade. A mostra, que tiña como obxectivo unha revisión da súa traxectoria e das claves que estruturan o seu traballo, foi froito da colaboración entre o MARCO e a Sala Rekalde, Bilbao (Deputación Foral de Bizkaia) para a itinerancia e coprodución de exposicións.

Valente e arriscada: Idoia Montón destaca nos Premios Gure Artea 2024
Comentarios