domingo. 24.11.2024

A obra de teatro 'O Electo' de Contraproducións SL represéntase este sábado día 8 en Ponteareas.

Esta

obra será a primeira dos cinco espectáculos programados no marco do convenio

con AGADIC para este primeiro semestre do ano que suma un total de 17.460€,

financiados entre o concello e AGADIC, dependente da Xunta de Galicia, e que

vén a reforzar a programación cultural estable e de calidade ofertada nos

últimos anos.

Dentro deste ciclo de actividades programado con AGADIC o público tamén poderá desfrutar da obra 'Casa O´Rei' de Iboprufeno Teatro, do espectáculo 'Ser e Terra' de Nova Galega de Danza, da obra 'Loló e Mamá' de De Ste Xeito Produccións e da obra 'Senior' de Culturactiva.

'O ELECTO'

As e os interesados en pasar unha tarde de humor, poderán mercar as súas entradas para 'O Electo' na taquilla do Audidtorio Municipal o venres 7 dende as 11 ata as 14 horas e o sábado de 11 a 14 horas e de 17.30 a 20.30 horas.

Protagonizada por Antonio Mourelos e Dani Baqueiro e dirixida por Cándido Pazó, 'O Electo' é unha comedia sobre a vocación política e as motivacións que levan ás persoas a querer ser Presidente.

Intres

antes da investidura o psquiatra intrepretado por Antonio Mourelos tenta

resolver un tic nervioso do futuro Presidente desencadeando unha divertida e

incisiva batalla dialéctica.

Una comedia con vocación política, 'O Electo', dirixida por Cándido Pazó