Seso Durán comeza o 2023 presentando o seu novo disco na Fábrica de Chocolate, de Vigo. Será o 14 de xaneiro, as 21.30 horas, acompañado por unha banda de cinco músicos.
Este novo traballo está producido, gravado e mesturado por Iago Lorenzo (Presumido, Furious Monkeyhouse, Heredeiros da Crus…), masterizado por Robin Schmitd (Liam Gallagher, The 1975, Paul Weller, Keane…) e editado por Inquedanzas Sonoras.
A través dos dez cortes do álbum, o artista nos adentra na sonoridade do pop-rock en galego con letras comprometidas que falan de todo o que lle trae de cabeza: a violencia de xénero, a soedade nun mundo hiperconectado, o estrés da vida dixital, o amor incondicional, a indentidade galega, a crise ecolóxica…
A OPINIÓN DA CRÍTICA:
Se pensas que "o mercado está sobresaturado" de propostas que apuntan máis a chamar a atención que entregar músicas que perduren, e gostas das boas propostas de rock de autor, non dubides en darlle unha oportunidade a este "Ascensión". Transmite iso que entendemos por convición ou persoalidade.. Pepe Cunha: Ábrete de Orellas - Portal galego de lecer.
Ademais de por un son espléndido, chama a atención pola calidade tanto técnica como estilística, unha acaidísima combinación do clásico e do actual... Carlos Rego: Revista Tempos Novos.
“Ascensión é unha colección de cancións que iluminan o concepto de pop contemporáneo: próximas, intensas e difíciles de ignorar….cancións que se amoldan ás letras, músicas que exercen de cómplices da lírica urbana que protagoniza cada un dos cortes…” Herminio González - Nós Diario