Revolución Chic,publícase hoxe ás 20.00 horas. O novo videoclip de BRAIS MORÁN & NASAUFUNK, “un impulso a bailar, a revolucionar a pista de baile nesta despedida de ano e tamén en 2024”.
Trátase do avance do que será o terceiro álbum como BRAIS MORÁN & NASAUFUNK,despois de Cruzando o eclipse (2015) e No Mato do desespero (2018). Un “disco disco no que se reencarnan as sementes da Música Negra”, que recorda á música dos 70 nas discotecas do futuro. Con letras autocompostas por Brais Morán, integramente en lingua galega, o disco está gravado e producido por Arturo Vaquero nos Abrigueiro Estudios.
FICHA TÉCNICA DO VIDEOCLIP
Dirección, realización e montaxe: Roi Vázquez Morandeira
Banda NASAUFUNK do vídeo:
- Brais Morán: voz e guitarras
- Antón “Torroncho”: baixo
- Fran Castro: teclados e sintetizadores
- Manu Seoane: guitarras
- Xabi Cid: batería
- Max Ferreiro: técnico de son
Coa colaboración de:
- Brais López: trompeta
- Fer Román: saxo
Gravación de estudio:
- Composta por Brais Morán e gravada nos Abrigueiro Estudios (Friol-Lugo).
- Producida por Arturo Vaquero e Brais Morán.
Figuración: Roi Vázquez, Paloma Bello, Tamara Caño, Marina Iglesias, Ángela Rodríguez, Marcos Catoira, Judith Longueira, Lorena Golpe, Saleta Lois, Lorena Ameijeiras, María de Galán, Berta Carou, Rubén Ferreño, Atocha Ramos, Irene Montero.Gravado no Cotton Club (A Coruña).
BIOGRAFÍA BRAIS MORÁN
Con máis de 20 anos de traxectoria profesional no mundo da música, Brais Morán foi fundador da banda LORETTA MARTIN, coa que percorreu escenarios durante máis dunha década. Na súa carreira en solitario foi galardoado en dúas ocasións co Premio Martín Códax da Música nas categorías de Músicas do Mundo (2018) e Blues&Funk e Soul (2021).