domingo. 22.12.2024

O rei Felipe IV decidiu incorporar a María Agustina Sarmiento como coidadora da Infanta Margarita

A posición de María Agustina Sarmiento, quen se sitúa dun xeito máis próximo á infanta Margarita, e que lle ofrece “o búcaro de barro, posto que naquel tempo era costume utilizalo para, entre outras cuestións, conseguir a pel pálida que estaba de moda na súa época”. Apuntou tamén “á bolboreta que ten a ponteareá no seu cabelo, que representa, por un lado, a fugacidade da vida e, por outro, a resiliencia e a fortaleza”.

Fragmento del cuadro Las Meninas de Diego Velázquez.
Fragmento del cuadro Las Meninas de Diego Velázquez.

O historiador e traballador da Biblioteca Municipal, Gonzalo Fernández, explicou a importancia da menina ponteareá. Apuntou á posición de María Agustina Sarmiento, quen se sitúa dun xeito máis próximo á infanta Margarita, e que lle ofrece “o búcaro de barro, posto que naquel tempo era costume utilizalo para, entre outras cuestións, conseguir a pel pálida que estaba de moda na súa época”. Apuntou tamén “á bolboreta que ten a ponteareá no seu cabelo, que representa, por un lado, a fugacidade da vida e, por outro, a resiliencia e a fortaleza”.

De igual xeito, o historiador lembrou que “María Agustina Sarmiento naceu en Ponteareas en 1642 cando o edificio era o Pazo Sarmiento. Precisamente, o seu pai era Diego Sarmiento, quen tiña o título de segundo conde de Sobroso, entre outros, e que, ademais, era coñecido como un gran bibliófilo e erudito. Seguramente por isto, con estas referencias, o rei Felipe IV decidiu incorporar a María Agustina Sarmiento a súa corte. Isto supuña todo un privilexio, ser a coidadora da Infanta Margarita e, ademais, moverse nos círculos intelectuais nos que se movían”.

Las Meninas. Trátase dunha actividade dirixida ao público familiar que ten como obxectivo dar a coñecer a historia desta veciña que pasou á historia por situarse á esquerda da infanta Margarita.
Las Meninas.

Máis de medio milleiro de persoas coñecen a historia da ponteareá María Agustina Sarmiento, unha das meninas retratadas por Diego Velázquez, grazas ao Escape Room que organiza o Concello e queonte a administración local presentou de xeito oficial no Convento de Canedo. No acto, participou a alcaldesa, Nava Castro, o edil de Ensino, Ricardo González, o Padre José Manuel Pombo, de Conventos Franciscanos e o xerente da empresa que configurou o circuíto Fernando Carballo así como o historiador e traballador da Biblioteca Municipal, Gonzalo Fernández.

A actividade celébrase no Convento de Canedo desde o día 2, distribuída en varios pases durante os xoves e os venres e as fins de semana, ata o día 23 de marzo. Durante estas datas, máis de medio milleiro de persoas xa reservaron a súa entrada polo que coñecerán a historia da ilustre veciña, María Agustina Sarmiento, mentres resolven probas de misterio relacionadas co famoso cadro. Dado o éxito da iniciativa, o Concello anunciou onte que abrirá unha nova convocatoria para todos aqueles que desexen participar neste Escape Room.

O Concello destaca o éxito desta actividade que busca poñer en valor a historia do municipio posto xa se esgotaron as prazas aos poucos días de que se abrira o prazo de inscrición. Neste sentido, a alcaldesa, Nava Castro, apuntou que “é un orgullo que unha actividade que busca coñecer máis sobre a nosa ilustre veciña teña esta boa acollida” e sinalou que “é unha mostra de que, cando a veciñanza dispón dunha oferta de ocio adecuada aos seus intereses e necesidades, o éxito é de todos e de todas”.

Ademais, o edil Ricardo González puxo en valor que “se trata dunha actividade dirixida a un público xeral, tanto para os nenos e as nenas como para as persoas adultas que desexen coñecer máis sobre a nosa historia mentres desfrutan resolvendo misterios en diferentes salas do circuíto situado no Convento de Canedo”.

Na presentación oficial do Escape Room tamén participou o Padre José Manuel Pombo, quen repasou a historia do Convento de Canedo e a súa importancia na comarca.

O rei Felipe IV decidiu incorporar a María Agustina Sarmiento como coidadora da Infanta...
Comentarios