sábado. 04.05.2024

Ponteareas celebra o cumpleanos da Banda de Música Unión de Guláns

O acto comezará ás 11.30 horas coa benvida ao público, para dar logo paso á emisión dun documental sobre a súa historia. Xa ás 12.30 horas as persoas asistentes poderán desfrutar dun concerto da banda de música no que tamén participarán antigos membros.
150 aniversario da banda de música ‘Unión de Guláns’.
150 aniversario da banda de música ‘Unión de Guláns’.

A Banda de Música Unión de Guláns celebrará esta fin de semana os seus 150 anos de historia nota a nota. O auditorio municipal Reveriano Soutullo acolle este domingo 23 un acto conmemorativo no que o público poderá achegarse ás diferentes etapas polas que pasou a banda dende a súa fundación en 1870.

En colaboración co Concello de Ponteareas, a Banda de Música Unión de Guláns organiza un acto que comezará ás 11.30 horas coa benvida ao público, para dar logo paso á emisión dun documental sobre a súa historia. Xa ás 12.30 horas as persoas asistentes poderán desfrutar dun concerto da banda de música no que tamén participarán antigos membros.

Un repaso a ritmo da música pola historia desta banda pola que pasaron 20 directores e centenares de músicos e músicas que deron a coñecer á agrupación e fixeron da mesma o maior orgullo da parroquia de Guláns, converténdoa nun verdadeiro nexo de unión entre os seus veciños e veciñas. Tras o acto, antigos e actuais músicos e músicas retomarán esa unión cun xantar.

 

A alcaldesa, Nava Castro, convida a todos os veciños e veciñas a participar neste acto “co que se celebra unha data importante para a Banda de Música Unión de Guláns, pero tamén para a historia de Ponteareas”.

 

O acto será con entrada de balde ata completar aforo.

 

Ponteareas celebra o cumpleanos da Banda de Música Unión de Guláns
Comentarios