O Porriño programou para este mes de xaneiro tres funcións de teatro pensado para as familias que terán lugar os sábados 11, 18 e 25 no Centro Cultural Municipal.
A primeira quenda para este sábado será a representación de 'Laia, Aprendiz de Maga' a cargo da compañía Animar-T. Tratase dun espectáculo que mistura teatro, música e maxia cómica que conta as relacións entre avós e netos desde a visión de Laia, a protagonista que é unha nena de 7 anos.
A
vindeira función será o sábado 18 baixo o tóitulo “Dúas heroínas, voando van”,
a cargo da compañía “Señora Supina” e
finalmente o sábado 25 representaráse “Cecilia e a súa boneca” pola compañía “A
run run xogos e enredos”.
Por
outra banda, neste mes de xaneiro arrincará na Biblioteca Municipal unha
novidosa proposta de conferencias, un ciclo divulgativo chamado “Bibliosaúde”.
Na
primeira quenda, datada para o xoves 23, trataráse o tema do desenvolvemento
visual, incidindo de xeito especial nos nenos e nenas tendo en conta que 1 de cada rapaces non é
diagnosticado ou é mal diagnosticado e no mundo hai 217 millóns de persoas con
problemas visuais.
Lucila
Tó García-Miranda será a encargada de impartir esta primeira conferencia. É
unha óptica-optometrista especializada en terapia visual baixo unha filosofía
do comportamento, con máis de 25 anos de experiencia e que dirixe o seu propio
centro en Andorra.
Esta nova proposta
da Biblioteca Municipal está na liña do desenvolvemento de programas formativos
polos que ten destacado nos últimos anos. Para 2020 elixiuse o ámbito da saúde
en resposta ó Obxectivo nº 3 da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible,
auspicíada pola ONU, que propón aos centros bibliotecarios apoiar o acceso
público a información sobre saúde e benestar.