domingo. 24.11.2024

"Dado

que a situación de confinamento impídenos saír a disfrutar de concertos e

outras alternativas de ocio cultural e dado que o de Mos e un municipio cun tecido cultural riquísimo en agrupacións

musicais, teatrais, de baile... e de artistas solistas excepcionais;

decidimos trasladar a idea deportiva ao ámbito cultural e centralizala durante

as fins de semana, que era

cando normalmente a veciñanza soía facer saídas de ocio cultural que agora non

pode realizar e nós querémosllas ofrecer virtualmente para que poidan gozar

delas desde a casa", explicou a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.

            Deste xeito 'A Cultura non Para en Mos' desenvolverase durante os venres, sábados e domingos das semanas que dure o confinamento. Comezando este venres 3 de abril. As actuacións culturais, que incluirán música e outras disciplinas artísticas, poderán ser visualizadas a través do Facebook e da páxina web do Concello de Mos.

            Todos os espectáculos correrán a

cargo de artistas mosenses,

comezando polo gaiteiro de Louredo autor do Himno de Mos, Xulio Lorenzo, a cantante UxíaAlberto López do Grupo Sete

Netos da Asociación de Residentes de Mos en Bos Aires, músicos/as da Banda Xuvenil de Torroso, o

tamén cantante Antonio Barros  a dúo con Ialma ao piano... etc. Aos que se irán sumando moitos máis músicos e

artistas locais.

            A eles/as aos/ás artistas mosenses

colaboradores/as con esta iniciativa, a rexedora local mosense agradécelles

enormemente "a súa colaboración desinteresada, o seu bo facer, e que sexan

o orgullo de Mos, ao ter levado o nome deste municipio polo mundo adiante,

amosando o seu arte e a calidade da cultura mosense"; ademais Arévalo

destaca que "nesta crise están a demostrar máis que nunca o amor polo seu

pobo, a súa solidariedade e a súa vontade de colaborar co ben común; grazas a

eles a partir de mañá quedar na casa será máis agradable e entretido, porque

coas súas actuacións voltarán a facernos gozar da nosa cultura, da cultura

mosense", concluiu a alcaldesa de Mos.

Tras a iniciativa 'O Deporte non Para en Mos' que surxiu no Concello para que a veciñanza puidera continuar facendo exercizo e manténdose en forma na casa a pesar do confinamento, a Alcaldía mosense inicia esta fin de semana esta nova iniciativa, 'A Cultura non Para en Mos'.

Mos ofrece cultura a través das redes sociais os venres, sábados e domingos das semanas...