'Mixturas' é o título dunha exposición plástica patente desde pasado día 3 de mayo, nas Salas de pétreas e espaciosas do Pazo de Mos.
Está firmada polo pintor que iniciara a súa traxectoria pictorica, nunha época que pasou por motivos de traballo, na Illa de Ons, pois alen de artista a súa faceta está relacionada coa xardinería botánica, na actualidades en Lourizán.
Inicia a sua andaina na plástica no 1998 con debuxos e no ano seguinte da o paso para os pinceis, sempre moviéndose a través da mirada realista.
As Cafeterías e os Centros Culturales, perto do seu entorno foron as primeiras en amosar o seu traballo pictórico.
Praza Masso de Bueu; Ateneo Santa Cecilia de Marín; Muelle Deportivo de Sanxenxo ou mesmo a Capela do Hospital de Cangas do Morrazo son os seis inicios. Ten obtido algún que outro galardón, Primeiro e segundo premio por 'A mama e imaxen corporal' e 'O lado femenino da vida' otorgados por ADICAM no 2012 e 2013 respectivamente.
Agora chega o mesmo lugar, por onde circulaba unha antiga calzada romana que unía Bracara Augusta con Tui e Santiago, mesmo a carón da Igrexa de Santa Baia de Mos, onde chegou da man do Comisario de Exposicións, Manuel Estévez, para amosar un conxunto de obras, óleo sobre lenzo, en distintos formatos, entre eles 'Cigoñas', 'Gaviotas', 'Flamencos', 'Elvira e Esther', 'Corda con mexilóns', 'Praia de Cesantes', 'Castro de Santa Tegra' ou 'O Algarve portugués'.