lunes. 25.11.2024

O frautista ponteareán Luis Soto gravará en directo en Guláns o seu vindeiro libro-disco con Fisión Atlántica Ensemble

Este ciclo de concertos organizado polo Concello de Ponteareas comezará este mércores 11 de xaneiro ás 20.00 horas no Centro Cultural de Guillade e continuará o xoves 12 con sesión dobre, ás 18.00 horas cunha actuación didáctica no Conservatorio de Ponteareas e ás 20.00 horas no Centro Cultural de Xinzo. O venres 13 Fisión Atlántica Ensamble encherá coa súa música o IES Val do Tea para un novo concerto didáctico ás 12.00 horas para o alumnado e cunha actuación ás 20.00 horas na sala multiúsos do auditorio municipal.
frautista
frautista

Ponteareas comeza o ano con música da man de destacados intérpretes das orquestras profesionais de Galicia, entre eles o ponteareá Luis Soto, frautista e profesor na Real Filharmonía de Galicia, docente no Taller Atlántico Contemporáneo e integrante do Trío Acivro xunto cos seus fillos, Lucas e Cecilia, co que busca introducir a nenos e nenas no mundo da música clásica a través dos contos. Soto chega esta semana á súa vila natal xunto con Fisión Atlántica Ensemble, grupo co que ofrecerá unha serie de seis concertos por distintos puntos da vila que rematarán coa gravación en directo da actuación en Guláns para a publicación do seu vindeiro libro-disco.

Este ciclo de concertos organizado polo Concello de Ponteareas comezará este mércores 11 de xaneiro ás 20.00 horas no Centro Cultural de Guillade e continuará o xoves 12 con sesión dobre, ás 18.00 horas cunha actuación didáctica no Conservatorio de Ponteareas e ás 20.00 horas no Centro Cultural de Xinzo. O venres 13 Fisión Atlántica Ensamble encherá coa súa música o IES Val do Tea para un novo concerto didáctico ás 12.00 horas para o alumnado e cunha actuación ás 20.00 horas na sala multiúsos do auditorio municipal.

Soto celebrará o colofón final deste ciclo musical volvendo á súa parroquia cunha actuación o sábado 14 ás 19.00 horas na Igrexa de Guláns, concerto do que se gravará son e vídeo en directo para un libro-disco sobre a figura de Joseph Haydn escrito por Suso de Toro, producido por Casa de Tolos e publicado por Edicións Xerais. O programa contará con pezas do autor austríaco e cuartetos para frauta e trío de cordas coas Danzas de Reis de Guláns.

Luis Soto compartirá escenario con Nikolay Velikov, violinista e autor de todos os arranxos das Danzas de Reis; Ioana Ciobotaru, que tocará a viola; Álvaro Quintanilla, co violonchelo; e Pablo Carpintero ao fronte da pipa galega. As transcricións a partitura das Danzas de Reis son obra de Miro González.

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, anima a toda a veciñanza a gozar destes concertos de balde abertos a todos os públicos e “poder ver en directo músicos da nosa terra tan reputados como o frautista Luis Soto, que non se esquece da súa Ponteareas natal e que regresa para gravar en directo o seu próximo traballo musical”.

O frautista ponteareán Luis Soto gravará en directo en Guláns o seu vindeiro...
Comentarios