lunes. 29.04.2024
Juan Lema, presidente da Real Academia Galega de Ciencias:

“Colmeiro foi un economista transformador, que contribuíu á modernización da sociedade galega e española”

Na presentación do acto, que tivo lugar na facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago, estiveron o presidente da RAGC, Juan Lema; a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; e o decano da facultade, Xoán Ramón Doldán. No transcurso do evento celebrouse unha mesa redonda na que participaron os autores do libro. Ademais, colocouse unha placa na facultade na súa memoria.
Descubrindo a placa conmemorativa de Colmeiro.
Descubrindo a placa conmemorativa de Colmeiro.

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) concluía esta mañá os actos de homenaxe ao economista Manuel Colmeiro y Penido, “Científico Galego do Ano 2023”, coa presentación do libro “Manuel Colmeiro (1818-1894). Profesor, científico social e activista”, coeditado pola RAGC e o Consello da Cultura Galega. Na presentación do acto, que tivo lugar na facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago, estiveron o presidente da RAGC, Juan Lema; a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; e o decano da facultade, Xoán Ramón Doldán. No transcurso do evento celebrouse unha mesa redonda na que participaron os autores do libro. Ademais, colocouse unha placa na facultade na súa memoria.

Os autores do libro.
Os autores do libro.

A publicación conta con limiares da presidenta do Consello da Cultura Galega, do presidente da RAGC e do académico José Antonio Redondo, coordinador da mesma. Inclúe artigos de Juan Ramón Quintás, catedrático de Análise Económica e académico da RAGC, que aborda a figura do homenaxeado como economista; Xosé Cordero, profesor de Historia e Institucións Económicas da USC, que se centra na súa vinculación coa agricultura galega; María Cadaval, profesora de Economía Aplicada da USC, que narra a relevancia que tivo na historia da economía política do noso país; María Xosé Rodríguez Galdo, catedrática de Historia e Institucións Económicas da USC, que se refire ao pensamento económico na obra de Colmeiro; Jaime Rodríguez-Arana, catedrático de Dereito Administrativo da Universidade da Coruña, fala da súa “decisiva contribución” ao dereito administrativo; Margarita Barral, profesora de Historia Contemporánea da USC, fai referencia á súa pegada na cidade de Santiago; e Miguel Vázquez Taín, presidente do Consello Galego de Economistas, pecha a publicación cunha reflexión sobre o papel dos economistas na sociedade actual.

FIGURA

Manuel Colmeiro y Penido (Santiago de Compostela, 1818 – Madrid, 1894) foi un dos mellores expertos españois do século XIX nos campos da Economía, o Dereito Administrativo e o Dereito Político, destacando ademais a súa dedicación á Historia. O presidente da Academia referiuse ao homenaxeado como “un economista transformador, que contribuíu á modernización da sociedade galega e española”. Salientou que “as súas propostas buscaban mellorar as condicións económicas da súa época. O seu espírito innovador segue inspirándonos para cuestionar, desafiar e imaxinar un mundo onde os principios económicos sirvan como motor transformador cara a unha sociedade máis xusta e solidaria”.

Colmeiro foi o primeiro economista en concibir o conxunto de medidas que se deberían adoptar para desbloquear o crecemento económico de Galicia

Juan Ramón Quintás, catedrático de Análise Económica e académico da RAGC, destaca nesta publicación que “Colmeiro foi o primeiro economista galego en concibir o conxunto de medidas que se deberían adoptar para provocar un cambio na «constitución agraria» e, con isto, eliminar as causas do bloqueo do crecemento agrario e da economía no seu conxunto”. Así, na súa opinión, a mudanza na estrutura da propiedade e o aumento da produción agraria alimentarían un incremento dos intercambios comerciais e unha expansión das actividades industriais. “O cadro da transformación lenta e gradual da economía galega que enxergaba Colmeiro completaríase coa instrución pública e as melloras nas vías de comunicación” -indica o catedrático-. Nesta liña, pon de relevo que, coas medidas que propoñía, “Colmeiro anticipouse en trinta anos á primeira lei de redención xeral de foros, que tería moi escasos resultados, e en preto de oitenta anos á definitiva lei de redención xeral de foros do ano 1926”.

A PEGADA EN SANTIAGO

Manuel Colmeiro naceu e viviu na cidade de Santiago de Compostela case trinta anos, ata que marchou para Madrid. Na capital galega foi socio de mérito da Real Sociedad Económica de Amigos del País, onde formou parte de comisións que traballaron na reforma de pesos e medidas e o sistema monetario español, na renda do sal e nos estudos preliminares para establecer unha fábrica de sedas e algodóns na cidade. En Compostela tamén foi membro da Xunta Municipal de Beneficencia, na que deixou a súa pegada na comisión encargada de promover a construción de estradas na provincia.

 

“Colmeiro foi un economista transformador, que contribuíu á modernización da sociedade...
Comentarios