viernes. 03.05.2024
A música tomará esta fin de semana O Porriño para festexar por todo o alto o Nadal

DJ´s nas prazas, a rondalla de Atios, as corais e o grupo Pa ti na ma poñerán a banda sonora desta fin de semana

Mañá sábado, e tamén o 30 de decembro,  haberá sesións Dj nas prazas da vila para amenizar a tarde.  Keva, Juan DeMarco Shameless e Dj Mus ambientarán a praza do Sol, a praza da Alameda, San Bieito e o parque do Cristo de 17 a 21 h. 

A música tomará esta fin de semana O Porriño para festexar por todo o alto o Nadal. 

Mañá sábado, e tamén o 30 de decembro,  haberá sesións Dj nas prazas da vila para amenizar a tarde.  Keva, Juan DeMarco Shameless e Dj Mus ambientarán a praza do Sol, a praza da Alameda, San Bieito e o parque do Cristo de 17 a 21 h. 

O canto coral tamén terá o seu espazo neste día co Encontro de Corais “Cantos de Nadal” que se celebrará ás 19 h no Círculo Recreativo Cultural. Participarán a Coral Polifónica Agarimo de Torneiros e a Coral Polifónica San Blas de Budiño. 

Completa a programación para este sábado a Rondalla Santa Eulalia de Atios,  que continúa o seu periplo polo municipio. Ás 16 h actuará no Centro Cultural A Forna de Budiño, ás 17 h fará un pasarrúas polo centro urbano –dende San Sebastián ata a praza Arquitecto Antonio Palacios, e Círculo Recreativo Cultural-, ás 18:30 h estará nas Mimosas de Carracido e rematará a xornada ás 19:30 h en Cans. 

Xa o domingo a vila do Louro prepárase para recibir a Papá Noel como se merece. A partir das 16 h e ata ás 18 h aproximadamente Papá Noel chegará ao Porriño para recibir no Concello aos nenos e nenas, que poderán disfrutar de chocolate quentiño. A continuación o grupo Pa ti na ma ofrecerá un concerto. Será ás 18:30 h no parque do Cristo. 

DJ´s nas prazas, a rondalla de Atios, as corais e o grupo Pa ti na ma poñerán a banda...
Comentarios